NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Por que non se publican todas as facturas dos concellos e deputacións?

PHP-NukeA Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público deixa unha certa marxe de liberdade a concellos e deputacións para a adxudicación dos denominados 'contratos menores'. Isto é, aqueles que no caso de obras a súa contía sexa inferior a 50 mil euros, ou a 18 mil no resto.

Esta excepción permite axilizar certas intervencións por parte da administración local. Porén, tal e como denuncian dende as Xuventudes Socialistas, tamén "permite aos xestores actuar cunha grande opacidade na contratación por importes que supoñen unha porcentaxe notábel do seu orzamento".


É por isto que as mocidades do PSdeG en Ourense propoñen que as facturas derivadas de contratos exonerados de licitación -os 'contratos menores'-, "tanto de municipios como da Deputación de Ourense", sexan "escaneadas e publicadas nas webs dos concellos" ou, de estes non teren unha, "na do organismo provincial".

As XX.SS ourensás queren que a iniciativa se estenda a todos os entes da provincia, especialmente ao concellos máis pequenos cun duplo obxectivo: "titelar con rigorosidade a que se destina o erario local até o último dos gastos" e "avaliar docmentalmente a eficiencia do político como xestor", segundo apuntou este mércores o secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva.

"Maior participación, transparencia e eficiencia"

"Os medios tecnolóxicos deben servir para promover unha maior participación dos cidadáns, unha maior transparencia e unha maior eficiencia", apuntaron en conferencia de prensa. Antía García, vicesecretaria xeral, aclarou que "as administracións deben manter as marxes de manobrabilidade previstas na Lei, por axilidade" mais, con esta proposta, de xeito "compatíbel coa transparencia".

A organización xuvenil fará chegar a suxestión ás institucións da provincia por medio dunha proposta de moción que remitirán, para que estuden a posibilidade de a levar a pleno, a todos os grupos municipais do PSdeG así como ao da Deputación, e aos concellos sen representación socialista mediante unha instancia dirixida aos alcaldes.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Por que non se publican todas as facturas dos concellos e deputacións?" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos