|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 86 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estrea pá |
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
ven de pór en servizo a súa páxina web, á que se pode acceder tanto a
través da dirección www.axenciaurbanistica.es como a través da páxina
da CPTOPT, www.cptopt.xunta.es
A Axencia é un ente consorciado do que forman parte a Xunta de
Galicia e os concellos que libremente se adhiran a ela. O seu cometido
é a vixilancia do territorio para velar pola utilización racional do
solo, a ordenación do territorio especialmente na zona rural e a
inspección de áreas sensibles como o litoral na zona de servidume de
protección do dominio público marítimo-terrestre.
A páxina web da APLU, que xa está dispoñible, dispón de apartados de
información xeral sobre a propia axencia así como espazos concretos
orientados tanto á cidadanía como aos concellos. Nela se informa das
competencias e estrutura da axencia e se recolle a lexislación tanto
estatal como autonómica que é de aplicación en materia urbanística.
Para os cidadáns, a web inclúe un apartado no que calquera persoa
interesada poderá descargar os impresos necesarios para denunciar as
presuntas infraccións urbanísticas das que teña coñecemento. Isto
facilitará que a cidadanía poida exercer a acción pública que se
establece tanto na Lei do Solo autonómica como na estatal. Tamén
estarán dispoñibles os impresos necesarios para solicitar autorizacións
para obras, instalacións ou usos na zona de servidume de protección do
dominio público marítimo-terrestre. A páxina web continuarase
mellorando coa incorporación progresiva doutros impresos que faciliten
a relación entre o cidadá e a Administración.
Pola súa banda, cara aos concellos, a web contempla un apartado no
que se incorporarán os convenios de adhesión que se asinen con cada
municipio que decida adherirse á APLU.
Funcións e adhesión dos concellos
Á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspóndelle, entre
outras competencias, a inspección e vixilancia urbanística sobre os
actos de edificación e uso de solo; a adopción das medidas cautelares
previstas na lei do Solo; a instrución dos expedientes de reposición da
legalidade e dos expedientes sancionadores por infraccións
urbanísticas; o asesoramento e asistencia ás Administracións Públicas e
as competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento
da legalidade urbanística que os municipios integrados voluntariamente
na Axencia deleguen na mesma.
Os estatutos da Axencia establecen que serán membros da Axencia a
Xunta de Galicia e aqueles concellos que voluntariamente se integren
nela nos termos e condicións establecidos. A incorporación por parte
dos concellos interesados realízase a través dun convenio de adhesión
previamente aprobado polo correspondente Pleno da Corporación e polo
Consello da Xunta e que agora poden descargar directamente da nova web. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estrea pá" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|