NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 37 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Será levada ao cine

PHP-NukeA historia do actor británico Leslie Howard, o Ashley Wilkes do filme O que o vento levou, será levaba ao cinema. O relato cuxo final tivo lugar a duascentas millas de Cedeira, tras ser bombardeado o seu avión polas forzas xermanas en xuño de 1943, pasará ao celuloide grazas ao impulso do director de fotografía Javier Aguirresarobe e o escritor José Rei Ximena. Xa existe o guión e como actrices se barallan os nomes de Penélope Cruz, Paz Veiga, Keira Knightley e Laurence Fox. O filme espérase que se poida estrear nas salas comerciais dentro duns tres anos.

Moito antes, o sábado, Cedeira honrará a Howard. Farao mediante un monumento na Capelada, preto de San Andrés de Teixido, o lugar no que foi derrubado o avión co que retornaba ao Reino Unido tras dous meses en España e Portugal. As actrices mencionadas encarnarían a unha das grandes. Referímonos a Conchita Montenegro, a que foi amante de Leslie Howard nos trinta e que xogou un papel crave na xira que o actor realizou en España. Así o explica José Rei Ximena, autor da viaxe de Ibis, un luxoso volume que indaga na peripecia do actor que terminou coa súa vida en Galicia.

«Se O paciente inglés logrou nove óscares, esta teno todo», asegura Rei Ximena, que investigou máis de 20 anos sobre o tema. «O meu pai era coronel de aviación e contoume varias veces a historia de neno e sempre me interesou». E, en efecto, a historia é das de película, con romance, reencontros, espías, patriotismo e a segunda Guerra Mundial de fondo.

Conchita Montenegro era a gran actriz española dos anos trinta. Posuidora dunha beleza intrigante, chegou a traballar en 18 filmes de Hollywood. Nese ambiente coñeceu a Leslie Howard e o amor cristalizou e logo se evaporó dentro da axitada vida sentimental de ambos. Todo parecía predestinado a quedar nun bonito recordo.

Aí é cando entran en xogo as revelacións de Rei Ximena. O autor demostra que, a pesar de que Howard chegou á Península baixo o pretexto de dar unhas conferencias sobre Hamlet, en realidade era un enviado do Goberno británico cun fin distinto: presionar a Franco para que non se sumase á fronte alemán. «Por unha banda estaba a devoción que Franco sentía polo cinema como propaganda-explica-. O Goberno británico íalle a propor unha coprodución para unha película sobre Colón, con Howard de protagonista e onde Conchita Montenegro ía ser a raíña Isabel».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Será levada ao cine" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos