- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Nucleares non grazas

PHP-NukePor Xavier Carro , Senador do PSdeG.
( Publicado no Xornal.com )

A preocupación polo cambio climático, e o remate da vida útil das centrais nucleares, está a servir de apoio ós que defenden este tipo de produción enerxética. Reclámase un debate social sobre o futuro da enerxía nuclear, reclamación que comparto, pero sen trampas. Debemos comezar polo principio, e recoñecer que a enerxía nuclear non nace unicamente para cubrir necesidades enerxéticas, nace principalmente para dar sustento á carreira armamentística da Guerra Fría. Este dato podería ser indiferente, pero non o é, porque, razóns estratéxicas e de seguridade esconden unha historia ruinosa en termos económicos. Non é certo, como se afirma que a xeración de electricidade con centrais nucleares sexa máis económico que por outros medios. O custo de instalación dunha nova central acada os 7.000 millóns de euros, mais que o custo de instalación de todo o resto de plantas existentes en España. E se engadimos os custos de mantemento, desmantelamento cando rematan a vida útil e os custos, ata o de agora indefinidos da xestión dos residuos, comprenderemos que as razóns do chamado “parón nuclear” teñen relación directa có fin da Guerra Fría e cós desorbitados custos deste tipo de produción eléctrica.


En relación á cuestión das emisións de CO2, dado que a enerxía nuclear xera menos do 20% da electricidade, pero queda ó marxe como emisor de CO2 todo o sector do transporte, para conseguir unha redución significativa das emisións teríamos que construír, a nivel mundial, 1500 centrais nos 60 vindeiros anos, contando as substitucións das que rematan o ciclo de vida e as novas. Dados os custes antes mencionados necesitaríamos, a nivel mundial, 10,5 billóns de euros. Todos estes recursos investidos en enerxías renovables, en mellora das redes de distribución, en eficiencia enerxética, en novos vehículos de transporte limpos, resolverían amplamente xa non a substitución da enerxía nuclear senón tamén a utilización de enerxías fósiles. Outro problema grave é a chamada “proliferación nuclear”, en definitiva, o control a nivel global da utilización do material, da tecnoloxía e dos usos nucleares. ¿Cales serían as garantías de seguridade nun proceso de expansión nuclear a nivel planetario? ¿Que países poderían acceder a ela e cales non? ¿Porque? ¿Quen o decidiría? As interrogantes son moitas, máis ben son certezas negativas se miramos os casos de Irán ou Corea do Norte. O presidente Zapatero é consciente de que o papel, a oportunidade de futuro de España, e tamén ó meu entender de Galicia, pasa por unha aposta firme, completa e decidida polas enerxías renovables. É a única posibilidade de ter independencia enerxética do petróleo, do uranio, ou do gas, e unha posibilidade certa de contar cun sector industrial competitivo a nivel mundial, contribuíndo ademais á redución de emisións de CO2. Non se trata de prescindir de ningún xeito de xeración dos existentes sen alternativa previa, senón de tomar a tempo as decisións que nos conduzan a un novo modelo enerxético, que por certo está directamente relacionado co anunciado cambio de modelo produtivo. Por último, o Parlamento Galego ten aprobada por unanimidade a desnuclearización de galicia, pero como se están oíndo voces que reclaman a instalación dunha nova central nuclear na nosa terra, deixar claro que co meu voto non contan.

Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Nucleares non grazas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos