- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Plan de Emerxencia Municipal

PHP-NukeA Comisión Galega de Protección Civil acordou homologar o Plan de Emerxencia Municipal elaborado por parte do Concello de Cedeira. Trátase dunha iniciativa promovida polo goberno local e impulsada por varios veciños da vila con coñecementos na materia.

Cando aínda perviven os numeros danos que provocou o ciclón Klaus ao seu paso por Cedeira, o Concello xa dispón do seu propio Plan de Emerxencia Municipal, converténdose así nun dos poucos municipios de Galicia con menos de 10.000 habitantes que dispoñen deste protocolo de actuación. O Concello de Ferrol, por exemplo, aínda non dispón dun plan, aínda que na actualidade traballan na confección do mesmo.

Trátase dun proxecto impulsado polo alcalde da vila, José Luís Vergara, e ao que deron forma, de maneira totalmente altruísta, unha ducia de veciños da vila, todos con coñecementos en materia de segudidad. Así, participaron na elaboración deste proxecto profesionais do Corpo de Bombeiros, da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e técnicos en prevención de riscos laborais. O propio rexedor municipal, lembra que esta foi unha das primeiras cuestións que tivo en conta cando chegou á Alcaldía de Cedeira. ?Cando ocorreu o desastre do Prestige chamoume moito a atención que non houbese dispositivos de emerxencia deseñados con anterioridade?, explicou. Por este motivo e para evitar posibles situacións similares impulsou este proxecto.

O Plan de Emerxencia Municipal da vila cedeirense é o froito de máis dun ano de traballo deste grupo de cedeirenses que, coordinados por Miguel Cribeiro Galego, bombeiro de profesión, confeccionaron minuciosamente un extenso protocolo de actuación que deberá seguirse no caso de que o municipio viva algunha situación de emerxencia, como un gran incendio ou un temporal similar ao que azoutou a vila mariñeira o pasado mes de xaneiro.

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, agradeceu o traballo realizado por este grupo de persoas e destacou o feito de que todos sexan de Cedeira, "xa que coñecen moi ben o pobo, as nosas carencias e todo o que temos", dixo. Tamén apuntou que grazas á colaboración destas persoas a administración local aforrouse un diñeiro importante, xa que a confección destes do*****entos adoita ser bastante custosa.

Por outra banda, ao non contactar cunha empresa homologada para a elaboración do plan de emerxencia é necesario que o docmento reciba o visto e prace da Comisión Galega de Protección Civil, un trámite que concluíu de forma positiva, tras a publicación no DOG de onte da homologación do docmento.

Implantación

Unha vez liquidado este trámite, o Concello deberá reunir á Comisión de Seguidad Cidadá para estudar a implantación do protocolo para, posteriormente, aprobalo no pleno. Así mesmo, o alcalde confía en poder realizar un simulacro nalgún dos colexios da vila, o centro de saúde ou outro edificio público e informar á cidadanía de que pasos deben seguir en cada momento. "Cando pasou o ciclón Klaus fixemos multitude de cousas mal", explicou Vergara.

Agora confía en que non se volvan a repetir estes fenómenos metereológicos adversos pero, polo menos, agora estarán algo mellor preparados, aínda que os medios sigan sendo os mesmos.

O Plan de Emerxencia Municial, contén unha relación de medios públicos e privados dispoñibles en Cedeira, os materiais dos que podería facerse provisión en caso de necesidade e multitude de pasos a seguir, sempre con seguridade, en caso de emerxencia.

Municipios da comarca como Narón desenvolveron xa plans parciais, pero a maioría aínda traballan niso. En Ortigueira confecciónao Protección Civil, pero o complexo do terreo, con ría, praias e ríos, dificulta o traballo.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Plan de Emerxencia Municipal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos