RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE
CONTRA
A REHABILITACIÓN DO CASCO ANTIGUO
Por José Luis Vergara Rey, Alcalde de Cedeira
"Na pasada sesión ordinaria do Pleno da Corporación, o Sr. Rubido amosou
a súa preferencia pola construcción dunha residencia da terceira idade
frente á rehabilitación do casco antiguo. Para el a ubicación sería o
Palacete. A carencia de dotación (pesoal asistencial, de limpeza,
médicos, enfermería, etc.) xa se resolvería no futuro.
Eu sei que o
tema da residencia é unha disculpa. El sempre pensou que a residencia
non facía falla porque aos maiores debían atendelos os fillos. Ao Sr.
Rubido o que lle molesta é que estamos a concretar unha idea de Cedeira
que vai máis alá do que el nunca pensou. Criase o adalid da estética e
ve como este Goberno o sobrepasa acompañando a beleza coas
infraestructuras, deixando en cursilería moitas das actuacións por el
protagonizadas, amosando que hai outras formas de facer as cousas.
Afortunadamente,
non terá oportunidade de estragar o Palacete máis do que xa o fixo no
pasado, quitándolle as vidreiras e os remates de pedra de toelo, para
colocalos na casa de cartón pedra que construeu para albergar ao
Concello. Non sei onde están as maravillosas escaleiras que constituían
o valor máis salientable do Palacete, pero alí xa non están. No pasado
destrueuse a Rectoral, a casa do médico D. Nicolás, deu licencia para
derrubar o convento, arrasou as fábricas de conservas e agora pretende
transformar nun pastiche o Palacete co subterfuxio de facer unha
residencia que nunca quixo.
Non caerá esa breva. Rehabilitaremos o
casco antiguo por moito que lles pese aos de antes e conseguiremos
devolverlle a vida que tivo no pasado, e veremos cómo os nenos volven a
xogar nas súas rúas e os maiores non sufren por pisar un pavimento que
Patrimonio impediría que colocásemos hoxe.
Dito queda, se en trinta
anos non se fixo absolutamente nada por construir unha residencia de
maiores, todo o que agora se diga carece de credibilidade. Pero non
quero deixar pasar a proposta de "facer unha residencia ainda que
careza de dotación". Efectivamente esta maneira de facer non nos pilla
de novo aos que temos certa idade. Coñecemos dun matadeiro que nunca
funcionou ou o mercado municipal que endexamais estivo ocupado. Esgrime
como principal aportación a remodelación da Escola de Piñeiro para
facer un centro de Formación Profesional. Hoxe non me cabe ningunha
dúbida que aquela iniciativa foi impulsada para darlle traballo ao
"Jefe del Movimiento" e algúns amiguetes máis como expresión de
clientelismos que tanto mal levan feito a esta terra.
UNHA APERTA"
Link: BLOG Alcaldía de Cedeira © 2009