NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concellos afectados pola Lei do litoral

PHP-NukeA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha un plan de información e participación, cuxa función principal é establecer vías e liñas de comunicación cos concellos galegos afectados pola prórroga da suspensión de Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Por ese motivo, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, vén de remitir a todas as administracións que traballan nos temas relacionados co territorio no desenvolvemento deste proxecto (concellos, deputacións provinciais e administracións do Estado) un escrito onde se lles invita a participar na elaboración do plan do litoral galego. Esta acción de comunicación constitúe un dos primeiros pasos para a elaboración do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, coa finalidade de establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona do litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sostibilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.

O titular de Medio Ambiente e o seu departamento son conscientes da importancia deste do*****ento e da trascendencia do que nel se recolla. Por ese motivo, Medio Ambiente abre unha liña de dialogo e cooperación que permita e facilite a elaboración dun plan de consenso o máis detallado posible, incorporando así do xeito máis natural e directo, as consideracións que as distintas entidade consultadas estimen oportunas, tanto sociais como técnicas. En definitiva, trátase de deseñar un plan de ordenación participado e non imposto dende a Administración galega, que esta está a escoitar e consultar a todos os implicados facéndoos partícipes da redacción do plan de ordenación. Dende o Goberno galego manifestan que, a pesar do tempo transcorrido desde a entrada da Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, ata o momento non se fixera esta labor de consulta aos concellos, unha labor que considera imprescindible. Asemade, dende a Consellería de Medio Ambiente solicita ás entidades locais a maior axilidade na confección e remisión da do*****entación solicitada, para evitar así a prolongación da fase de elaboración do do*****ento lei. Cómpre sinalar que este proceso non é un mero trámite formativo, senón que coa posta en marcha deste proxecto de información e participación ábrese un marco de diálogo e cooperación entre as distintas administracións con responsabilidades en materia do territorio, así como unha vía de canalización da dúbidas

Catro meses de plan de traballo
A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe será o departamento da Administración galega que coordinará todas as accións deste plan de traballo que se prolongará ata o vindeiro mes de setembro, para despois procesar toda a información recompilada e que formará parte do do*****ento redactado do Plan de Ordenación do Litoral, que se presentará a finais do 2009. Nese senso, os concellos recibirán unha enquisa acompañada por varios do*****entos e información cartográfica para o seu estudo, coa finalidade de que os concellos fagan as aportacións e suxerencias que consideren oportunas, localicen os proxectos en marcha e definan as accións que consideren de maior interese para o seu concello. Posteriormente, un equipo da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe fixarán unha visita ou encontro de traballo na que participará o persoal técnico do Plan de Ordenación do Litoral. Nese encontro repasaranse os aspectos marcados na enquisa e os temas plantexados polo equipo municipal. Por outro lado, se fose necesario realizaríase unha visita in situ naqueles lugares de maior relevancia considerados polo equipo municipal, para coñecer a detalle as necesidades de cada un dos puntos do litoral con maior relevancia. A situación do litoral
O pasado 24 de maio de 2007 o Consello da Xunta acordou a iniciación da elaboración do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, para dar *****primento ás previsións da Lei 6/2007, na que se establecían medidas urxentes en materia de ordenación do territorial e do litoral. A partir de aí, realizáronse unha serie de estudios e análises, así como unha primeira identificación das súas presións e ameazas. Estes traballos, que aínda se encontran en fase de desenvolvemento, non constitúen aínda un do*****ento do Plan de Ordenación do Litoral. Sen embargo é importante destacar que dentro destes estudos preparatorios para a elaboración do Plan de Ordenación se analizaron máis de 1.000 ámbitos de solo clasificado como urbano non consolidado, urbanizable delimitado e urbanizable non delimitado ou rústico apto para urbanizar. Os estudos realizados puxeron de manifesto que 106 destes solos, encontráronse en contacto directo coa ribeira do mar, 180 sobre ou en contacto coa zona de servidume de protección, 324 entre a servidume de protección de 200 metros, e 287 na franxa entre os 200 e 500 metros, o resto (345) atópanse en zonas máis alá dos 500 metros. Á vista destes datos, a intensificación dos usos do litoral e, especialmente, a urbanización é moi significativa. Asemade, tamén queda patente o feito de que as dinámicas de asentamento e as tipoloxías dos modos de crecemento, así como os desenvolvementos urbanísticos nas últimas décadas nos municipios obxecto do Plan de Ordenación están supoñendo unha forte transformación do modelo tradicional de asentamento da poboación en Galicia. A tendencia demostra un constante crecemento urbano renunciando á rexeneración dos tecidos urbanos consolidados e orixinando fortes transformacións morfotipolóxicas.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Concellos afectados pola Lei do litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos