NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Consello da Xunta declara á vila Municipio Turístico Galego

PHP-NukeO Consello da Xunta celebrado onte acordou declarar á vila de Cedeira Municipo Turístico Galego. Esta distinción concédese aos concellos que o soliciten e cmpran unha serie de requisitos establecidos.O anterior goberno da Xunta xa propuxera á vila para este nomeamento.

Aínda que o pasado mes de febreiro o anterior goberno da Xunta declaraba Cedeira como Municipio de Interese Turístico, ata onte nada se sabía desta distinción, xa que nunca chegou a aprobarse definitivamente.

Finalmente o Consello da Xunta concedeulle onte esta distinción á vila cedeiresa, xa que cmpre cos requisitos de ter unha afluencia periódica ou estacional en que a media ponderada anual de poboación turística é superior ao 50% do número de aloxamentos turísticos e tamén que a cantidade de segundas vivendas é superir ao 50% da cifra de residencias primarias. Outro requisito que cmpre a vila é contar con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes nunha cantidade cinco veces superior á sua poboación, computada ao longo un ano e repartida cando menos en máis de trinta días, segundo informan desde a Xunta.

Tamén se tiveron en conta outras cuestións como as grandes potencialidades da Serra da Capelada; o turismo náutico da vila; a posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a concorrencia en determinadas épocas vacacionais a algúns eventos, como romarías ou festas como a do percebe. Asemade se valorou a “antiga e forte atracción turística e particularidades antropolóxicas do santuario de Santo Andrés de Teixido, así como o interese arqueolóxico, etnográfico e paisaxístico-xeolóxico da Serra da Capelada”. Así mesmo, segundo se puxo de manifesto no Consello da Xunta de onte valorouse de forma positiva a posta en valor que se fai en Cedeira dos recursos de identidade como a romaría Curro da Capelada, o mercado medieval ou a celebración do Samaín. Asemade sinálase que o Concello “reúne, innova constantemente e multiplica os requisitos” para este nomeamento.O alcalde da vila, José Luis Vergara, amosaba a súa ledicia asegurando que “hoxe é un día de xubilo para Cedeira”. Tamén manifestou o seu agrado porque algo que iniciara o anterior goberno da Xunta o vaia finalizar o actual. “Paréceme un bo síntoma de entendemento entre a anterior administración e esta, unha excelente mensaxe de futuro”, concluíu.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"O Consello da Xunta declara á vila Municipio Turístico Galego" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos