- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Un "intento de coaccionar a liberdade sindical"

PHP-NukeO secretario comarcal da CIG en Ferrolterra, Xesús Anxo López Pintos, anunciou esta terza feira que ha recorrer ante a Audiencia Provincial da Coruña a sentenza que o condena a nove meses de prisión por unha suposta agresión a un axente da policía autonómica, ao considerar que non responde á realidade, e que se trata dun "intento de coaccionar a súa liberdade sindical".

O xulgado do Penal número 2 considerou probado que López Pintos "é autor criminalmente responsábel" dun "delito contra axentes da autoridade" e outro de lesións, por, supostamente, ter agredido cun croio a un policía durante os enfrontamentos entre os axentes e as mariscadoras, producidos en Mugardos en 2001, no marco do conflito entre as traballadoras e a patroa maior da confraría naquela altura, Oliva Bonome.

"Esta sentenza pretende anular, pola vía xudicial, unha persoa"
"Xesús Anxo López Pintos non é ningún delincuente", asegurou o propio sindicalista para encetar unha conferencia de prensa na que se trataba o seu caso. A seguir, López Pintos engadiu que "hai un intento de parar e coaccionar o labor sindical da CIG", e afirmou que, pese a sentirse baixo presión, non vai renunciar "á defensa dos traballadores". Nesta liña, insistiu en que nunca agrediu a policía, e que, pola contra, tanto el coma varias mariscadoras resultaron lesionadas durante aquel altercado.

Na súa quenda, o secretario de organización da CIG na comarca, Francisco Cartelle, engadiu que "non é casual esta sentenza na figura dun sindicalista", xa que, "ante as leis laborais que favorecen os empresarios, a xustiza non actúa". Ademais de sinalar que este sentenza "pretende anular, pola vía xudicial, unha persoa", Cartelle dixo que dende a central sindical non van "cesar na defensa dos intereses dos traballadores, aínda que teñamos que estar nos xulgados".

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Un "intento de coaccionar a liberdade sindical"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos