AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Paseo marítimo

PHP-NukeA Demarcación de Costas en Galicia iniciou os traballos para arrombar o aspecto do paseo marítimo nas inmediacións da Magdalena, moi danado tras o paso do ciclón "Klaus". Ademais de mellorar o pavimento degradado, plantaranse, a petición do Concello, uns 40 carballos.

O paseo marítimo de Cedeira lucirá en breve un novo aspecto, grazas ao comezo dos traballos de mellora que están a acometer desde a Demarcación de Costas en Galicia no lugar, moi danado tras o paso do ciclón "Klaus" o pasado 23 de xaneiro.

O alcalde da vila, José Luís Vergara, mostrábase onte moi satisfeito polo inicio destas obras, xa que as consecuencias dos fortes ventos do temporal provocaron numerosos danos, a maioría ocasionados polo movemento das árbores e as súas raíces, chegando a levantarse o formigón nalgúns puntos do paseo. Precisamente estes días trabállase na mellora do pavimento danado.

O paso do "Klaus" obrigou ao goberno municipal a tomar unha decisión "difícil", como explicou o propio rexedor, xa que o mal estado no que quedaron algunhas árbores fixo necesario que se tallasen, algo que obriga tamén a Costas a retirar as raíces e parte do tronco destes exemplares que aínda permanecían no lugar. Por outra banda, José Luís Vergara asegurou que aínda que algúns das árbores cortadas -chopos na súa maioría- non foran tirados polo temporal, a súa vellez obrigou a retiralos xa que "o perigo que poderían ocasionar era maior que o beneficio de mantelos alí", explicou o rexedor cedeirense.

Ante a necesidade de retirar os chopos, o goberno municipal solicitou ao titular da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, que se plantasen no lugar novos exemplares, algo ao que accedeu. Así, en breve, uns 40 carballos presidirán o paseo.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Paseo marítimo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos