- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pintos, condenado a nove meses de cárcere

PHP-NukeO actual secretario xeral da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, foi condenado a nove meses de prisión por agredir a un axente da unidade de policía autonómica durante uns incidentes marisqueiros ocorridos no 2001, en Mugardos.

A sentenza do Xulgado do Penal número 2, que é recurrible ante a Audiencia Provincial da Coruña, considera probado que Pintos propinou dous golpes cunha pedra a un dos axentes, causándolle feridas polas que terá que indemnizalo con 1.220 euros, entre outras cantidades. A sentenza considérao autor dun delito de atentado a axentes da autoridade e outro delito de lesións, aínda que lle aplica a atenuante de dilacións indebidas. Entende o xuíz que a tardanza na celebración da vista, aínda que motivada en parte polos sucesivos recursos presentados polo procesado durante a instrución das dilixencias, non pretendían atrasar o proceso senón exercer o seu dereito á defensa.


Os incidentes producíronse o 18 de setembro do 2001, aínda que durante todo ese verán o conflito marisqueiro en Mugardos tivera outros episodios ao enfrontarse dous sectores das afiliadas á Confraría de Pescadores local, unhas a favor da patroa maior de entón, e outras, o sector maioritario, en contra. As favorables á patroa foran a faenar á marea, cousa que encolerizó ao resto que consideraban que a veda non debía abrirse en tanto non se aclarase a destitución da patroa.

Os lesionados


Ante o cariz que tomaban as cousas, a Consellería resolveu que interviñese a unidade de policía autonómica que se interpuxo entre un e outro grupo. A saída da praia das mariscadoras que acudiran a faenar fíxose coa protección policial. Foi nese momento cando as opositoras comezaron a lanzar pedras. Pintos, di a sentenza, dixo gritando: «Collede pedras».

 Él mesmo colleu un cascote e golpeou en dúas ocasións a un dos policías. López Pintos acabaría tamén lesionado ao intervir o resto de efectivos policiais, e numerosas mulleres resultaron igualmente contusionadas. Aínda que a sentenza estima que a actuación do grupo policial, integrado por trece axentes, foi proporcional e lexítima no cmprimento do seu cargo para restablecer a orde e protexer a unha parte das mariscadoras. Por iso opta por absolver aos policías acusados.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Pintos, condenado a nove meses de cárcere" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.35 Segundos