|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| CONSELLO LOCAL BNG-CEDEIRA |
Dende o BNG de Cedeira estanse a levar a cabo importantes actuacións e proxectos.
No mes de Decembro de 2008 asinouse un Convenio coa Vicepresidencia de Igualdade e Benestar que posibilitará a apertura dunha Galescola que incorporará á actual Escola Infantil, ofertando o dobre de prazas tanto para os usuarios como para o persoal da mesma.A través da Consellería de Industria estase a construír na Trabe un Polígono Industrial cunha superficie de 103.000 m2 e cun número de 55 parcelas aproximadamente que darán cabida a todas as empresas interesadas de Cedeira e foráneas.
As actuacións que se están levando a cabo dende o BNG no sector da 3ª Idade e Dependentes son as seguintes:
-En poucos meses comezarase co Programa Xantar na casa
que garantirá que as persoas maiores con algún tipo de dependencia
teñan un control dietético axeitado e adaptado a súas necesidades no
seu propio domicilio.
-A mellora do Servizo de Axuda a Domicilio na que pasamos de 7 a 9 auxiliares fixas e 5 a través da subvención de Fomento de Emprego, atendendo así a un maior número de unidades familiares.
-Desde a aprobación da nova Lei de Dependencia 29 persoas valoradas como dependentes en graos 3.2, 3.1 e 2.2 estanse a atender dende os Servizos Sociais do Concello de Cedeira.
-Desenvólvense diversas actividades tanto no núcleo urbán como nas parroquias coa colaboración de distintas Asociacións, entre elas:
- Obradoiro de Memoria, Taller de risoterapia e recuperación da autoestima, Ximansia de mantemento así como distintas celebracións na que cabe destacar o Encontro entre avós e netos e a vindeira Xuntanza de Maiores de Ortegal prevista para o 30 de Maio deste mesmo ano.
-Inaugurarase nos próximos meses un Parque Xeracional
que ten por finalidade fomentar a actividade o aire libre mediante a
colocación dunha serie de aparatos de ximnasia adaptados para manter o
corpo e a mente en forma.
-Está prevista a construción dun Centro de Día
como apoio as familias con persoas dependentes que se construirá en
terreos do Concello que están sendo estudados e supervisados polos
técnicos do Consorcio da Vicepresidencia.
No sector da Infancia vaise colaborar na realización dun Campus Creativo durante as vacacións escolares para a conciliación da vida laboral e familiar.
Link: BNG Cedeira - Consello Local
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"CONSELLO LOCAL BNG-CEDEIRA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|