|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Memoria Histórica Democrática |
Memoria Histórica Democrática crea unha páxina web coa lista dos represaliados de Ferrolterra
Os 2.709 nomes de persoas represaliadas (fusilados, encarcerados, procesados ou paseados
) de Ferrol e comarca entre 1936 e 1970 aparecen desde onte na páxina
web creada por Memoria Histórica Democrática de Ferrol, unha asociación
privada que preside Manuel Agustín Fernández Pita.
A
Pita, que estivo auxiliado tecnicamente por Xoán Porto, levoulle dez
anos recoller toda esta docmentación, aínda que aínda quedan grandes
áreas por investigar. Así, o libro de rexistro do castelo de San Felipe
, o principal cárcere e centro de fusilamento que funcionou na ría
durante a Guerra Civil e anos posteriores, desapareceu. O
presidente de Memoria Histórica explicou que a primeira relación de
represaliados da que se valeu corresponde á reunida polo historiador
Xosé Manuel Suárez, que supera os 800. «Logo comecei a cruzar esta
relación de nomes con outras como as do historiador Enrique Barreira»,
di. Máis tarde, os dos libros de Eliseo Fernández. A páxina (www.memoriahistoricademocrática.org) recolle tamén as actas dos dous
congresos realizados por esta asociación ferrolá e o primeiro libro de
relatos de historias de familias que foron vítimas da represión, co
título de Retallos I . Pronto sairá o segundo, con outra serie de relatos e cando se acabe a venda do libro en papel pasará tamén á páxina web.
Un servizo
Pita
explicou tamén que esta iniciativa de Memoria Histórica pretende ser un
servizo de información para as familias ou calquera interesado.
Igualmente pídese que calquera persoa que queira achegar novos datos,
corrixir os existentes ou participar na iniciativa non ten máis que
porse en contacto coa asociación a través de Internet. á beira de cada
nome da relación de represaliados pode verse o número da causa, se é
que a vítima foi procesada en calquera tipo de xuízo ou consello de
guerra, para facilitar tamén o acceso a esta docmentación.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Memoria Histórica Democrática" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|