- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Consorcio da Igualdade e Benestar

PHP-NukeO PPdeG moveu ficha. O Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar, unha das ideas “estrelas” do BNG, vai ter continuidade. A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, anunciou que o Goberno ten decidido manter a estrutura pero que nos vindeiros meses quere reorientala para que deixe de ser un “instrumento partidista” e que sirva para “mellorar” a calidade de vida dos cidadáns. López Abella contestaba así a unha pregunta da parlamentaria socialista Laura Seara. Segundo Abella, o Goberno non ten outra elección que “asumir” o modelo herdado do bipartito: “Temos que asumir o Consorcio sí ou sí”.

Antes de tomar decisións sobre a nova “orientación” do ente público, o PPdeG quere facer un “diagnóstico” completo do mesmo. López Abella sinalou que esta tarefa non está a ser doada xa que “o BNG non deixou moitos papeis”. A secretaria xeral criticou abertamente ao xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, de quen asegurou que poucas veces se atopaba no seu posto de traballo. Ademais, afirmou que ten un contrato de alta dirección que exixe unha indemnización considerábel en caso de despedimento.

López Abella acusou ao Bloque de converter o Consorcio nunha “axencia de colocación de militantes nacionalistas”. A este respecto, a socialista Seara preguntou en voz alta se o PPdeG non ten paralizado as oposicións do ente para convertilo “nunha axencia de colocación de militantes do PP”

Máis de 1.200 traballadores á expectativa
Na actualidade, o Consorcio, conta con máis de 1.200 traballadores por todo o país que se encargan de aplicar as políticas de Igualdade e Benestar. Dentro do Consorcio encádranse as galescolas (garderías de 0 a 3 anos); os centros de día para maiores; as oficinas comarcais de I+B(que traballan en políticas de Igualdade e Benestar en diferentes comarcas); e os centros Quérote (asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.

Dende a CIG, sindicato maioritario no Consorcio, un dos seus dirixentes, Anxo Louzao, valorou positivamente a intención de manter a estrutura. Porén, Louzao incidiu que o Consorcio ten dous grandes retos por diante: manter o seu carácter público e ampliar os seus servizos a todas as comarcas do país. Dende o sindicato nacionalista sinalan que as condicións dos traballadores son máis precarias do que se pensa e que é preciso que teñan o mesmo amparo que o resto do persoal laboral da Xunta.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Consorcio da Igualdade e Benestar" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos