- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Valedor do Pobo

PHP-NukeTodo comezou en agosto do ano pasado, cando un veciño de Cedeira presentou no rexistro municipal unha denuncia contra a invasión que do viario público facía un muro dunha vivenda particular. Este peche, que pertence á vivenda de familiares directos do actual alcalde, Xosé Luis Vergara (PSdeG), xa leva varios anos construído, mais agora a súa situación está a impedir o estacionamento na rúa dos demais residentes na zona. Segundo explica o denunciante, recentemente situáronse nesta vía sinais de prohibido aparcar porque non ten o ancho suficiente (cinco metros), espazo co que si se contaría se se sumase o metro que ocupa o muro e que lle foi usurpado ao dominio público.

Logo de máis de catro meses sen recibir resposta, este veciño decidiu elevar a súa protesta até o Valedor do Pobo. Na súa queixa explica que o concello non tramitou a súa denuncia nin o alcalde a comunicou aos demais grupos municipais (BNG e TEGA) tal e como solicitaba o demandante. A cuestión non é menor, xa que no municipio de Cedeira conta cun goberno tripartito con representación destes tres grupos (PsdeG, BNG e TEGA). Ademais, asegura que se está a violar o seu "dereito a estar informado da tramitación e resolución da denuncia", polo que acusa ao alcalde de "deixación da defensa da legalidade e usurpación de facto da propiedade pública en beneficio de particulares", neste caso familiares directos do propio rexedor.

Pola súa banda, o Valedor do Pobo, Benigno López González, admitiu a trámite esta queixa urbanística dirixida contra o alcalde e iniciará as actuacións oportunas para esclarecer o sucedido. Asemade, xa pediu un informe municipal para contrastar os feitos.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Valedor do Pobo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos