AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 91 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Prórroga da lei dos 500 metros no litoral

PHP-NukeA Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas renovou este xoves a promesa de ter na mesa antes de que acabe o ano un Plan de Ordenación do Litoral. Mentres, o departamento que pilota o conselleiro Agustín Hernández comunica oficialmente que se prorroga a suspensión de novos desenvolvementos urbanísticos nos 500 metros de costa do territorio. A decisión chegou nesta xornada ao Consello da Xunta, subliñándose o carácter "cautelar" da medida, que estende a paralización da construción fixada polo anterior Goberno, cuxa vixencia finalizaba este domingo 17 de maio.

"O crecemento urbano segue a ser necesario, pero debe responder a un modelo de desenvolvemento equilibrado e sostíbel", expón a consellaría nun comunicado, asegurando que ten como obxectivo lexislar para evitar "unha radical transformación do territorio e a paisaxe litoral, sinal de identidade de Galiza". "A falta de adaptación do planeamento á lexislación vixente resulta especialmente grave na zona costeira dado o valor do litoral como recurso natural e ambiental non renovábel", admite a consellaría.

Aproveitarán o traballo feito
O novo equipo da Consellaría de Infraestruturas sinala que o anterior executivo realizou "unha serie de estudos e análises así como unha primeira identificación das súas presións e ameazas". Con todo, advirten que estes docmentos "que aínda se encontran en fase de desenvolvemento, non constitúen aínda un docmento do Plan de ordenación do litoral".

De todas formas, valoran a análise de máis dun milleiro de ámbitos de solo clasificado como urbano non consolidado, urbanizábel delimitado e urbanizábel non delimitado ou rústico apto para urbanizar. Apuntan ao fío que os estudos realizados puxeron de manifesto que 106 destes solos encóntranse en contacto directo coa ribeira do mar, 180 sobre ou en contacto coa zona de servidume de protección, 324 entre a servidume de protección de 200 metros, e 287 na franxa entre os 200 e 500 metros, o resto (345) atópanse en zonas máis alá dos 500 metros.

"Queda patente o feito de que as dinámicas de asentamento e as tipoloxías dos modos de crecemento, así como os desenvolvementos urbanísticos nas últimas décadas nos municipios obxecto do Plan de ordenación están supoñendo unha forte transformación do modelo tradicional de asentamento da poboación en Galiza", interpretan. "A tendencia demostra un constante crecemento urbano renunciando á rexeneración dos tecidos urbanos consolidados e orixinando fortes transformacións morfotipolóxicas", recolle o informe que chega ao Consello da Xunta.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Prórroga da lei dos 500 metros no litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos