AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Xunta de Galicia ::::: Código QR

PHP-Nuke
A Xunta estende a moratoria para a descarga dos carteis co límite de capacidade dos locais e do código QR para o rastrexo de posibles contaxios da Covid-19 co fin de que os hostaleiros poidan adaptarse á nova normativa e á posta en marcha dun Plan de hostalería segura que permita compatibilizar a actividade no sector coas normas sanitarias.

Tendo en conta as novidades que presenta esta normativa, coa obtención dunhas ferramentas que é necesario descargar da web Turespazo e a disposición ao público dun código QR novo para boa parte do sector, acordouse a prórroga da súa entrada en vigor ata o venres 12 de marzo ás 00.00 horas.

Amplíase así a moratoria destas dúas medidas incluídas no Plan da hostalería segura, en vigor desde o pasado 26 de febreiro.

A Xunta recorda que as demais medidas decretadas para a reapertura segura da hostalería son de obrigado cumprimento desde que entraron en vigor o pasado 26 de febreiro.

Así, deberá respectarse o límite de capacidade permitida, sobre todo nas terrazas, nas que non poderá superar o 50% do total, ademais dos horarios de apertura e peche, a distancia de seguridade, o uso de máscara e, en definitiva, todas as medidas que figuran na orde do 25 de febreiro do 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalería segura en Galicia.

As visitas masivas á páxina web para a descarga das ferramentas, para a obtención do código QR ou para facer consultas provocaron nas últimas horas algúns problemas técnicos que xa están resoltos. Por outra banda, leváronse a cabo actuacións de reforzo no servizo, de tal modo que o uso da plataforma está xa estabilizado.

Ademais das vantaxes que supón para obter as ferramentas esixidas no Plan de hostalería segura, Turespazo é a porta de entrada para empresas e profesionais dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, de aí a necesidade de xeneralizar o seu uso.


Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Xunta de Galicia ::::: Código QR" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos