MANTEMENTO DOS APARCAMENTOS
Fai uns meses, o propietario do terreo que aparece na fotografía cedeu de forma totalmente desinteresada ao concello a parcela para que xs veciñxs puideramos aparcar os nosos vehículos.
No seu momento a anterior corporación (xa que antes desta corporación tamén había vida), acondicinou o terreo e fixo o pertinente seguro.
Dito terreo atópase en pleno centro da vila, na avenida de Castelao,moi preto das grandes superficies comerciais, o que fai que sexa moi concurrido e que actualmente presenta este desolador aspecto.
Desde Podemos Cedeira (para que os vehículos non sufran a deixadez dos gobernantes municipais) solicitamos que se realice o mantemento correspondente e non deixen “escapar” unha das poucas boas iniciativas que tivo a anterior corporación.
© 2015 Podemos Cedeira
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquí
Link: PODEMOS Cedeira