OS PARQUES BIOSAUDABLES DE CEDEIRA
Os parques biosaudables de Cedeira ubicados na Revolta, un deles, e na Xunqueira, o outro, están constituídos por unha serie de aparellos destinados á realización de exercicio físico moderado, ideal sobre todo para persoas maiores.
A pesares da súa curta vida, están bastante deteriorados porque a humidade ambiental é moita, o salitre tampouco axuda, o material é cativo e o mantemento, alomenos nos últimos anos, foi nulo.
Como consecuencia, algúns deses aparellos son practicamente irrecuperables e outros necesitan un arranxo urxente. Por esta razón, o goberno local procederá paulatinamente á substitución dos primeiros e ao amaño dos últimos.
Agradecemos o interese das persoas que nos fixeron chegar as súas queixas, pero queremos lembrarlles que para levar adiante os nosos proxectos sendo coherentes co que criticabamos desde a oposición, se necesita un certo tempo e un pouco de paciencia.
Cedeira, outubro de 2015
Link: Concellería de Cultura - Concello de Cedeira