Comunicado Concellería de Medio Ambiente
Diante de certas críticas recibidas sobre o estado dos servizos que se prestan durante estes días tanto aos campistas coma os usuarios das autocaravanas, queremos aclarar o seguinte :
1. Hai tomas de auga e electricidade, así como varios váteres móbiles.
2. Como é sabido, as autocaravanas non baleiran nas redes de saneamento as "augas negras", que son sometidas a un tratamento químico sen auga.
3. En canto ás "augas grises"(ducha, fregadeiro,..),verten á rede de saneamento, pois naquela zona hai separación de augas pluviais e fecais. Tan só houbo un caso dun verquido inadecuado e, en canto tivemos constancia, enviamos a policía local para subsanar o erro.
Cedeira, 20 de agosto 2015
Link: Concello de Cedeira :: C. Medio Ambiente