AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira ::: PP ::: Urbanismo

PHP-Nuke
APLU & Erro material ( Hemeroteca )



::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

APLU     -----     ESTRUTURA


Os órganos directivos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística son:
  • o consello executivo, órgano colexiado de dirección e control da Axencia
  • e o director, órgano executivo da Axencia
A estructura orgánica da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e a definición das funcións de cada unidade administrativa veñen establecidas no Decreto autonómico 51/2008, do 6 de marzo (DOG núm. 59, do 27 de marzo)

Modificación do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro)

Consello executivo

Presidente: María Encarnación Rivas Díaz

Vicepresidente: Luis Rubido Ramonde
Vocais:
  • Julio Ignacio Iglesias Redondo 
  • Ignacio Vilas González
  • Antonio Pérez Villar
  • Carlos Nardiz Ortiz 
  • Antonio Maroño Cal 
  • Rosario Puente Vázquez 
  • Antonio José Boné Pina
Secretario: José María Domínguez Blanco
Directora: María Martínez Allegue

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::




Alfredo Vilela e Luis Rubido no Pleno Extraordinario de nomeamento
26  de decembro de 2013
© 2013 La Voz de Galicia


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Un artigo de Gabriel Beceiro publicado no OLLÁPARO o 17 de xuño de 2013.

"Un dos nosos"


Coa «corrección do erro material» do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)  o tenente de alcalde  Alfredo Vilela viu xustificada a súa presenza na política. Feito que permitiu ao portavoz o executivo do PP, Luis Rubido, amosar máis unha vez o seu perfil de «home evidente»: é o malabarismo do fume de carozo, a lóxica inductiva  que permite establecer a partires dun caso unha lei universal («porque deixa de perxudicar á colectividade» disque).

Ese razonamento para iniciados serve para abrírmonos paso por entre os eixos fundamentais da política populista do PP. Portanto, para axir segundo esta lóxica,  para deixar de perxudicar á «colectividade» disque,  cómpre acurtar a distancia de dez a cinco metros do cauce dun rio o dun regato, que na terra regatos temos a eito e levan camiño de converterense en canos e tubos.

Quenes así pensan axiña han tirar de conceitos baleiros como «calidade de vida», que nada di do que existe nunha vila e menos no meio rural: nada di das horas de luz, se hai árbores nas rúas, se hai recollida diaria e selectiva de lixo ou se a rúa está perto dun parque e se este está encofrado entre edificios de 7 ou 8 alturas.

Se razonamos do aveso, abofé que levan razón, trátase da crenza política primordial da que fala Bourdieu: o punto de  vista particular dos dominantes preséntase e se impón como o punto de vista «universal». Repárese que non se dí sociedade, nen sequer comunidade, senón «colectividade».

E que é unha colectividade, pois un sustituto falaz do «universal», unha parte que aparece como sendo o todo (chamémoslle «pobo» ou interese xeral), sendo como é unha parte, un colectivo que é beneficiado.

O que hoxe se apresenta como evidente e adquirido, imponse como tal pouco a pouco.  Nin sequer iso, abonda  un  individuo a condición de que sexa un dos nosos para acelerar o proceso e a «imposición mascarada». Portanto, quen fai parte deste colectivo? Pois os nosos, os que contan coa benzón da Direccion Xeral de Urbanismo.

Non hai problema, para iso está a realidade xurídica do socorrido «erro material» (Lei de Procedimento Administrativo).  Pouco importa desnaturalizar a institución xurídica cando do que se trata é  conseguir outra cousa. Desvirtuarse así o sentido mesmo do erro material ou de feito, que é apenas aplicabel se é ostensibel, manifiesto e indiscutibel.

Mais onde está aquí  o “erro obstativo”, a evidencia do mesmo se após 18 anos de vixencia do PXOM (aprobado en 1995 baixo mandado do PP) non se decataran que onde puña 10 debería poñer 5?


+ Info: preme aquí
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

13/5/2011
La Voz de Galicia ::: Hemeroteca

Cedeira envía ao fiscal unha obra dun concelleiro do PP.

A xunta de goberno de Cedeira aprobou onte por unanimidade enviar á fiscalía o expediente dunhas obras relacionadas cun concelleiro popular, Alfredo Vilela Santalla, número dous da lista do Partido Popular para as próximas eleccións. Segundo informan fontes municipais, Vilela iniciou a construción dun recinto hostaleiro nunha parcela cualificada como chan rústico que dispón dunha protección especial agropecuaria incompatible co uso comercial e dependente da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Ademais, indican desde o Concello que a construción está situada a tan só metro e medio do río que abastece a subministración de auga da vila e Augas de Galicia tamén debe estudar a licenza.


© 2011 - La Voz de Galicia

+Info: preme aquí
:::::::::::::::::::::::::::::


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA REALIZADA POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 14 DE SETEMBRO DE 2011.

Nesta ACTA inclúese a resolución pola Xunta de Goberno Local do recurso de reposición presentado por D. Alfredo Vilela Santalla contra o acordo da Xunta de Goberno Local de 12.05.2011, de denegación de licenza de obras 2010/006/000189 e de actividade 2010/024/000010.

Resolución:

"A Xunta de Goberno Local, por tres votos a favor (Sr. Alcalde, Sr. Luis Rubido e Sr. Pablo Nebril) e unha abstención (Sr. Carlos Romero), acorda:

Primeiro.- Desestimar o recurso de reposición presentado por D. Alfredo Vilela Santalla contra o acordo da Xunta de Goberno Local do 12.05.2011, de denegación da licenza de actividade para café bar en O Baturro, expediente 2010/024/000010, e da licenza de obras co nº de expediente 2010/006/000189, polos motivos expostos nos informes técnico e xurídico."

D. Alfredo Vilela Santalla é na actualidade Concelleiro do Concello de Cedeira e o asunto que se trata nesta ACTA foi motivo de loita política con mención do caso en varios diarios da comarca.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::

Link: APLU ::: OLLÁPARO ::: La Voz de Galicia :::: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira ::: PP ::: Urbanismo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.34 Segundos