|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 72 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo |
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez
Piñón, presentou esta tarde en rolda de prensa a orde de convocatoria
de axudas para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros
educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos galegos para
o ano 2009, que sairá publicada mañá no Diario Oficial de Galicia
(DOG). A máxima responsable da Administración educativa galega sinalou
que actualmente máis da metade dos municipios de Galicia están
desenvolvemento distintas actividades fóra do horario lectivo en
virtude destas subvencións, polo que animou á totalidade dos concellos
a que se adhiran a esta programa.
Laura Sánchez Piñón destacou que a convocatoria deste ano inclúe
como novidade unha nova modalidade na que se subvencionarán actividades
de conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos.
Neste senso, a conselleira de Educación sinalou que dentro desta
modalidade se poderán desenvolver actividades lúdico-deportivas, de
promoción da autonomía persoal e de fomento da creatividade. Estas
actividades, destinadas ao alumnado dos niveis de educación infantil e
educación primaria, tal e como sinalou Sánchez Piñón, poderán
celebrarse en vacacións e/ou fins de semana, nun horario
pedagoxicamente adecuado ás idades do alumnado e que favoreza a
conciliación familiar.
A participación nesta nova modalidade implica,
para os concellos, o desenvolvemento obrigatorio de actividades das
outras tres modalidades: A (apoio a actividades saudables e de
habilidades persoais), B (apoio á mellora do éxito escolar) e C
(prevención e intervención ante o absentismo e abandono temperá dos
estudos).
Así, na modalidade A deberase seleccionar, como mínimo, unha
actividade destes ámbitos: apertura de centros antes do horario
lectivo; actividades para os tempos de comedor escolar; e actividades
posteriores á finalización do horario lectivo. O alumnado de educación
infantil e primaria será o destinatario destas actividades, que
incidirán en aspectos lúdico-creativos, na promoción de hábitos
saudables, no desenvolvemento de comportamentos adecuados nos tempos de
almorzo e xantar; e na potenciación de habilidades sociais, autoestima
e autonomía persoal.
Mellora do éxito escolar e prevención do abandono
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria indicou que,
dentro da modalidade B (apoio e mellora do éxito escolar), os concellos
participantes seleccionarán, como mínimo, tres destes ámbitos: aulas de
acompañamento e reforzo educativo, competencia matemática, competencia
lingüística, competencia no coñecemento e na interacción co mundo
físico, competencia dixital, competencia cultural e artística,
competencia social e cidadá, competencia en aprender a aprender, e
autonomía e iniciativa persoal. Neste senso, Sánchez Piñón salientou
que na convocatoria de 2009 estas actividades farán fincapé nas
competencias básicas contempladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e
propostas pola Unión Europea. Os destinatarios das mesmas son
alumnos/as de 3º ciclo de educación primaria e de Educación Secundaria
Obrigatoria (ESO).
Por último, a modalidade C (prevención e intervención ante o
abandono temperán dos estudos) permitirá aos municipios participantes
desenvolver as seguintes actuacións recollidas nestes ámbitos, debendo
seleccionar, como mínimo, un deles: actuacións dirixidas á prevención e
intervención ante o absentismo escolar, asesoramento e orientación para
o retorno educativo, redes de apoio multidisciplinares para a
resolución pacífica de conflitos, e habilidades sociais. Estas
actividades irán dirixidas a mozos e mozas de 16 a 24 anos.
Así, a conselleira de Educación subliñou que os concellos garantirán
a conservación das instalacións educativas das que fagan uso, contarán
cunha persoa coordinadora xeral do programa para o conxunto dos centros
participantes e porán a disposición da comunidade educativa os medios
precisos para o desenvolvemento das mesmas.
A máxima responsable da Administración educativa galega indicou que
o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día
seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ademais, Sánchez Piñón
salientou que na convocatoria de 2009 o orzamento ascende a preto de 3
millóns de euros, mentres que en 2008 a Consellería de Educación
destinou 2.450.000 euros a esta acción, o que supón un incremento de
máis do 20%.
Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|