A xuíza Pilar de Lara acusa ao xornal do Grupo Voz de “publicar
información inveraz” para desprestixiar publicamente ao funcionario que
denunciou irregularidades e desacreditar tanto “a testemuña como o
resultado da instrución”. A maxistrada lembra no seu auto a relación
entre varios imputados na causa e o xornal coruñés, e o pasado de Carlos
Negreira como director dos servizos xurídicos e de recursos humanos no
grupo.
“A la luz de lo acontecido, parecen fundadas las sospechas de los
defensores de Antonio Pérez Cribeiro acerca de la posible connivencia
entre funcionarios policiales que pudieran haber filtrado irregularmente el atestado policial a La Voz de Galicia,
y algún profesional de este medio de comunicación que aprovechándose
del incidente, utiliza dicha información según sus propias
conveniencias, pues no duda en alterar la verdad de lo acontecido para
tratar de esta forma de desacreditar la credibilidad del testigo”. Nun
máis que extenso e argumentado auto, a xuíza Pilar de Lara concedeu, tal
e como xa informou GC, a condición de testemuña protexida a Antonio
Pérez Cribeiro, xefe de Bioloxía no Acuario da Coruña e peza clave na
investigación da suposta trama de corrupción coñecida como operación
Pokémon.
© 2015 APC - XL
Dcto. orixinal AUTO (PDF):
preme aquí
De Lara investigou a detención de Pérez Cribeiro en Ferrol, considerada "inxustificada e desproporcionada"
polo seus avogados, e a posible relación coa investigación da operación
Pokemon e cunha campaña de acoso contra este traballador tras denunciar
as irregularidades nas concesións do concello da Coruña ao Grupo
Vendex. Tamén indagou o que a defensa de Pérez Cribeiro define como
“ensañamiento” de La Voz de Galicia co seu cliente.
Nos seus fundamentos de dereito, a xuíza expon que os xornalistas de La
Voz, que segundo declararon ante a xuíza tiveron coñecemento do
atestado polo delegado do xornal na Coruña (Francisco Espiñeira) a pesar
de que a detención tivo lugar en Ferrol, publicaron información falsa:
“Lo más grave es que al tiempo de la elaboración del artículo, los
periodistas N.S. e X.G., sí que ya disponen del atestado policial que
les hubiera permitido ofrecer una información objetiva,
imparcial, suficientemente contrastada y veraz de lo acontecido, lo que
disiente sin embargo de la información finalmente difundida, que en absoluto se acompasa a la realidad de dicho atestado”.
Con certa ironía, a xuíza enumera todos os “datos inveraces y manifiestamente falsos”:
unha suposta detención, un suceso á medianoite, chamadas de alerta dos
viandantes, ameazas con pistola, liorta cos policías... nada diso
aparece no atestado policial. “Al margen de ser los datos publicados
inexistentes en el atestado y por tanto falsos a la luz de la
información oficial de la que disponía el reportero, lo que sin duda
alguna más llama la atención es la sospechosa coincidencia entre tales
datos y la versión ofrecida, ocho días más tarde, por los agentes de la
Policía Local en su informe de 9 de noviembre, lo que lleva a pensar en
la existencia de una posible confabulación”.
Os contactos cos imputados na Pokémon
E para argumentar a gravidade da súa denuncia, a xuíza Pilar de Lara
enumera feitos relevantes que aparecen no sumafrio e que “no deben
perderse de vista”: Emilio Martínez, xefe da Policía Local de Ferrol, estivo ata 2013 ás ordes de Julio Flores,
número dous no concello da Coruña e man dereita do alcalde Carlos
Negreira imputado na causa, e recoñeceu ante a maxistrada ter recibido
agasallos de Vendex; unha conversa no sumario entre José María Tutor,
delegado do Grupo Vendex en Galicia, e Susana Portabales (xefa de
Cultura no concello) na que falan da paralización por parte do alcalde
dunha nova crítica en La Voz de Galicia; e finalmente o pasado laboral
do alcalde Carlos Negreira no Grupo Voz: director dos servizos xurídicos do xornal e director de recursos humanos de todo o grupo coruñés.
Nas propias verbas da maxistrada: “Otro punto que en este entramado no debe perderse de vista son las relaciones aparentemente existentes entre los delegados del Grupo Vendex y varios funcionarios y autoridades del ayuntamiento de Coruña, así como entre varios imputados en la causa y el diario La Voz de Galicia”.
Segundo recoñeceu na súa declaración ante a titular do xulgado número 1
de Lugo o xornalista X.G., e dada a escasa trascendencia do suceso,
este tiña interese pola identidade do suxeito, e a súa posición de
testemuña na causa na que están imputados varios cargos políticos
próximos ao xefe de policía local de Ferrol, Emilio Martínez.
A xuíza desmonta un artigo aparecido no xornal coruñés o 2 de novembro
co título "Un testigo primordial de Pilar de Lara, en entredicho", cheo
de conxeturas, o que lle leva a concluír que "existe una especie de
conjura para perjudicar al testigo"
Nos seus fundamentos de dereito, a xuíza alerta sobre certos excesos
dos medios que inflúen de xeito negativo nun proceso penal en marcha e
lembra que "la protección constitucional del derecho y del deber de
informar se encuentra en la INFORMACIÓN VERAZ". E engade de xeito
xenérico: "En ocasiones los medios de comunicación pueden convertirse,
incluso de forma involuntaria, en instrumentos del poder empresarial o
político para desvirtuar los resultados de las instrucciones judiciales,
desprestigiar a los investigadores o a los jueces o fiscales, o
estigmatizar a las personas que han colaborado con las autoridades
judiciales".
Link:
Galicia Confidencal ::: APC