AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 48 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cedeira homenaxea a Leslie Howard

PHP-NukeA partir do próximo 18 de xullo, Cedeira poderá presumir de render homenaxe ao bo de Ashley Wilkes no filme O que o vento levou (1939). Leslie Howard (Londres, 1893), un dos actores británicos máis recoñecidos nos anos 30, perdeu a súa vida tras o ataque de oito avións alemáns Junkers 88 cando sobrevoaba terras cedeirenses, o 1 de xuño do 1943.

Así o defende José Rei-Ximena (Xerez, 1953) no seu libro O voo de Ibis, publicado a finais do pasado ano. Ata entón pouco se coñecía acerca da morte do intérprete, pero tras case 30 anos de investigacións, o autor pode asegurar que Howard atopábase no Ibis derrubado tras manter en España unha reunión co xeneral Franco. Antes de que se fixese público o resultado do seu traballo «críase que viñera a España para impartir unhas conferencias sobre Hamlet, pero este motivo resultaba bastante sospeitoso».


© 2009 - La Voz de Galicia

Desde a súa infancia escoitou dicir ao seu pai, coronel de aviación, que o famoso actor voaba no avión derrubado en Cedeira. Tanto o escoitou que quixo saber o motivo, pois «nunca crin a versión das conferencias».

Unha bela muller

 Durante anos traballou para pescudar os motivos daquel ataque. Con todo, foi a fotografía dunha bela muller o que lle deu a súa mellor pista. Era Conchita Montenegro (San Sebastián, 1912), con quen Howard compartira protagonismo na película Never the twain shall meet (1931). Tirou do fío e descubriu que ambos mantiveron unha relación especial tras a rodaxe do filme. Comprobou que aínda vivía e decidiuse a facerlle unha visita nunha residencia xeriátrica madrileña, onde pasaba os seus últimos anos. Visitouna en tres ocasións entre 2006 e 2007, a primeira delas o día no que a actriz cmpría 94 anos. «quedou moi asombrada cando me viu, pero me atendeu correctamente. Cando fun a vela eu xa sabía que foran amantes».

 Unha mensaxe de paz
Durante estas conversacións Rei-Ximena logrou que Montenegro lle explicase o verdadeiro motivo da visita do actor a España. O goberno británico quería facer chegar a Franco a mensaxe de que «se se declaraba neutral na Segunda Guerra Mundial, España non sufriría ningunha represalia tras o conflito». As autoridades fixáronse en Conchita Montenegro «porque estaba prometida con Ricardo Giménez Arnau, antigo delegado do Servizo Exterior de Falanxe e próximo a Franco. Coñecían a amizade entre os actores, polo que o goberno británico propuxo a Leslie Howard ser o mensaxeiro, pois tería fácil acceso ao ditador». A pesar de mostrar a súa desconformidade co plan, explica Rei-Ximena, «pois temía voar e era consciente de que se converteu nun inimigo declarado dos alemáns tras protagonizar varias películas ridiculizándolos, como Pimpinela Smith, finalmente o actor accedeu».

 Apartouse do cine

Tras a traxedia, Conchita Montenegro «non quixo volver ter contacto co mundo do cine, desapareceu, queimou todos o seu recordos, todas as súas cartas e fotos foron dadas ao lume», relata o autor no libro. Tanto, que chegou a rexeitar unha homenaxe no Festival de Cine San Sebastián. «Díxome que se sentía culpable da morte de Howard, ela púxolle en contacto co xeneral». A actriz morreu no 2007 tras confesar a José Rei-Ximena a razón que motivou a visita do actor británico a España. Todo un descubrimento que «estes días estudamos levar á gran pantalla», revela o autor do libro.ç

 Hélices a dous quilómetros

O descubrimento de Rei-Ximena animou ao Concello de Cedeira a render unha homenaxe ao actor británico. Así, o terceiro sábado do mes de xullo inaugurarase un monumento composto por unha hélice de tres metros de longo e unha placa que recordará os nomes dos 17 falecidos, 13 pasaxeiros e catro tripulantes. Colocarase a case dous quilómetros de Cedeira, preto de San Andrés de Teixido, na Capelada, onde foi derrubado o avión. De feito, explica o autor do libro, «na última mensaxe de radio o piloto facilitou as coordenadas deste punto. Ata alí achegáronse barcos de Ferrol e británicos, pero nada se atopou». O Concello de Cedeira ultima os actos e a lista de invitados. De momento, o concelleiro Xermán Tobío adianta que «está prevista a asistencia dos embaixadores británico e holandés, mandos militares de Inglaterra e España, políticos e familiares do actor». O Concello recupera así «a memoria do actor e pon en valor o papel que xogou para neutralizar España durante a Segunda Guerra Mundial», explica o edil.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Cedeira homenaxea a Leslie Howard" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos