NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 36 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::

PHP-NukeASUNTO: COMUNICADO
CENTRO DE DÍA, DE QUÉ ESTAMOS A FALAR?
(primeira parte)

         Cedeira necesita un Centro de día. Un lugar onde os nosos maiores  necesitados de cuidados e seguramente, tamén certo tipo de dependentes podan ser atendidos durante todo o dia. A algúns haberá que ilos buscar á casa e devolvelos en transporte adaptado que, na terra da auga, debería chegar á porta. Terá que dispor de servicio de comidas varias veces ao día, atención sanitaria, hixiene corporal, rehabilitación, mantemento, actividades persoais ou sociais. O centro ao que aspiramos os socialistas, e que xa é unha realidade noutras localidades, deberá contar con zonas axardinadas e se o entorno é natural e está imbricado na malla urbana, mellor que mellor.

       O que propomos é o que xa existe noutros pobos, un servicio público, de xestión pública, onde o acceso non estea mediatizado polo poder adquisitivo da cidadanía, que non xurda da beneficiencia senón do dereito. Non queremos un lugar deseñado para mitigar a dor e a pena, senón para a felicidade e o disfrute de quenes necesitan do labor solidario da sociedade. Non estamos a falar dun espacio que solo sirva a quenes se atopan en plenas facultades físicas e mentais, que tamén, senón a todos e todas que, querendo e podendo seguir vivindo en familia, precisan dunha atención externa.

        Se temos claro todo isto, entón podemos empezar a falar da ubicación, da superficie necesaria, das necesidades constructivas, das esixencias de accesibilidade, do persoal humano, dos recursos técnicos e, como non, do finanzamento. Podemos preguntarnos entón se os lugares que se propoñen se axustan a estas esixencias. Incluso, como non, se existen outros espacios que podan recibir estas instalacións. Tampouco ten por qué ser un edificio construído. De feito, en principio, os técnicos prefiren novas construccións que rehabilitar outras xa existentes, sobre todo cando estas contan con valores estéticos e constructivos que poderían quedar danados.

        Son estas consideracións as que nos levan a pensar como posibilidade complexa, pero interesante, a utilización do actual centro de saúde, unha vez que se constrúa o novo. Sin embargo que nadie se esqueza, para nós a ubicación non é o elemento determinante se se respectan as condicións básicas. Sería unha grave irresponsabilidade que por non acordar o lugar non se conseguise este servicio. O caso é que Cedeira conte cun Centro de Dia merecedor deste nome.

       Se non lles parece mal continuaremos en próximas entregas desbrozando este tema que, efectivamente, ten outras perspectivas coma o desaloxo que pretende levar a cabo o PP para privatizar o auditorio, ou a necesidade dun novo centro de saúde que, entre outros servicios a maiores xa aprobados no pasado, garanta a rehabilitación en Cedeira. En días sucesivos, na medida que as nosas obrigas laboráis nolo permitan seguiremos expoñendo o noso humilde punto de vista.

En Cedeira, a 06 de novembro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA



Link: PSdeG.PSOE - Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos