NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pérez Pernas non cumpre os requisitos

PHP-NukeA Xunta Electoral central das eleccións ás confrarías admitiu o recurso de alzada presentado por un grupo de armadores e tripulantes do depósito cedeirense contra a candidatura de José Agustín Pérez Pernas, patrón maior desde hai oito anos e aspirante a continuar no cargo [no colectivo de empresarios de artes menores], por considerar que non cumpre os requisitos establecidos pola normativa. «É dono dunha embarcación de pesca da terceira lista (...), pero nin agora nin no último ano desenvolveu ningún tipo de actividade relacionada co mundo do mar (...). Leva sen saír a faenar máis dun ano e medio, o que nos fai pensar que non dispón de dereitos de sufraxio activo e pasivo», alegaban no escrito de impugnación das candidaturas provisionais proclamadas pola comisión electoral da Confraría de Cedeira


© 2014 - La Voz de Galicia



O informe solicitado pola Xunta Electoral á Secretaría Xeral do Mar, da Consellería do Mar, certificou que o armador Pérez Pernas comunicara a súa inactividade o 24 de maio do 2013. A Dirección Xeral da Marina Mercante confirmou que depositara o rol de despachos e dotación do seu buque o 7 de xaneiro do 2013. Nunha resolución asinada o 18 de xuño, a Xunta Electoral declara a «inadmisión» da candidatura do ata agora patrón maior, que non poderá ser «elector nin elegible» no proceso de renovación do órgano de goberno do depósito. Cabe interpor un recurso de reposición ante a Xunta Electoral de Confrarías ou un contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Apelación doutro aspirante

Serafín Costa García, outro dos aspirantes a formar parte da xunta xeral e a liderar a confraría de Cedeira, recorreu a decisión da comisión electoral do depósito de rexeitar a súa candidatura [presentada polo colectivo de empresarios de baixura-artes menores], por tratarse de «un membro suplente» da citada comisión. Na súa reclamación afirma que «descoñecía e non fora informado, nin ao resultar elixido suplente nin despois nin ao presentar a candidatura», de que o feito de ser suplente impedíselle optar ás eleccións. O seu nome non figura na lista de membros electos á xunta xeral, que se coñeceu onte, e na que aparecen 16 tripulantes, 7 empresarios e outros 3 do percebe.


+ Info eleccións confraría:
Confraria de Pescadores Cedeira
Confraría de Pescadores de Cedeira

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Pérez Pernas non cumpre os requisitos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos