- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 46 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - POKÉMON

PHP-NukeA Pokémon salpica tamén aos concellos de Ortigueira, Valdoviño e Cedeira polas contratacións de subministración de auga con Aquagest, con procesos de licitación que informes da Axencia Tributaria pon interdicto ao acusar a Aquagest de non cumprir os requisitos de licitación dos contratos. Manteñen que a empresa obtiña outras contratacións con procedemento negociado sen publicidade nas que busca empresas para que propoñan ou oferten peores condicións e que non chegan nin a presentarse.

O informe remitido á xuíza por Vixilancia Aduaneira conclúe a existencia de «uso de información privilexiada e tráfico de influencias» por parte do grupo Vendex «nas súas relacións co Concello de Arteixo». Segundo figura no informe do 18 de setembro do 2013 os contactos prodúcense entre José María Titor, xefe de Vendex en Galicia, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo (PP), «actuando de intermediario Luis Antonio Patiño Pan», exconcelleiro de Arteixo (PP) e que actúa como axente de Titor e con teléfono corporativo da empresa. O informe resume as conversacións entre Titor, Patiño e o alcalde de Arteixo, entre xullo do 2011 e setembro do 2012. Destaca a de Titor co alcalde en xullo do 2012 na que falan do concurso da gardería: «Falan do concurso da gardería. Titor dille que non se presentan porque non o ven claro, non os dá convencido, a única opción sería que o paren e revisen custos. Carlos di que o ideal sería que se presentasen coa oferta máis alta e el fala co interventor e hai dúas opcións, unha que se presenten porque están aí e que (o interventor) está de acordo en que o primeiro mes haxa que facer reequilibrio». Vendex ten contrato de guindastre e limpeza de instalacións deportivas de Arteixo desde novembro do 2011. Cesou en axuda a domicilio en xaneiro do 2012, non se presentou ao concurso de limpeza viaria en febreiro, nin ao de garderías de xullo «porque nos servizos centrais están descontentos polos atrasos no pagamento dos servizos e o baixo prezo co que saen os mesmos».



Mentres, onte a Garda Civil visitou o Concello de Arzúa para realizar xestións relacionadas co caso Pokémon ordenadas por Pilar de Lara. Os axentes estiveron alí máis de media hora, tempo durante o cal falaron co secretario. A xuíza investiga en Arzúa presuntas irregularidades co servizo municipal de abastecemento de auga, a piscina municipal e as obras de pavimentación da zona do Cubelo.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Concello de Cedeira - POKÉMON" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos