NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 23 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Cultura

PHP-Nuke



© 2014 - Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco - AS PONTES

"       Jane Danko naceu en Texas. Pero desde o ano 2000 vive en Galicia. Para os que non saiban nada dela, direi que Jane Danko é unha artista dotada de gran sensibilidade. Pero unha artista integral, desas que se deixan a pel nas súas creacións, ao estilo dos vellos artesanos. Buril ou pluma en ristre, dá forma aos seus gravados, aos seus poemas, aos seus libros feitos a man co afán de buscar o que se esconde máis aló do que os nosos sentidos perciben.

No seu país exerceu como crítica de arte, como directora de redacción en diversas revistas; estivo sempre vinculada ao mundo da cultura. Trala súa chegada a Galicia exerceu como profesora de inglés na Universidade da Coruña.

Autora de varios poemarios, as suas vivencias en Galicia lévanlle a escribir e ilustrar De amor e vida.

Estructurado en tres partes, na primeira acode á mitología e á simboloxía do patrimonio galego: costumes ancestrales como o Samaín, a mar, os seus homes e os seus códigos; as follas do outono na súa decadencia, os paseos baixo a choiva,... para reflectir as vivencias e as sensacións que lle producen o descubrimento da terra galega.

Na segunda parte, "Enigmas" indaga sobre grandes temas universais do ser humano como o amor ou a morte. Ademais da inspiración na realidade cotiá, Jane Danko verte na súa obra o seu amor por clásicos como San Juan de la Cruz ou Dante. A propia Jane confirma que o seu poema "Polemic é unha homenaxe a Dante: "Escribín "Polemic" en tercetos encadenados como a miña homenaxe privada a Dante Alighieri. escribindo como el escribira na súa Divina Comedia, e iso influíu moito na selección do tema, as famosas - ou infamosas - discusións bizantinas, neste caso, a discusión sobre o número de anxos que podían bailar sobre a cabeza dun alfiler".

A última parte está formada por tres poemas inspirados en recordos da súa terra natal.

Ademais do seu valor estético, o poemario mostra a orixinalidade de estar escrito en tres linguas. Inicialmente escritos en inglés, a propia autora realiza a tradución ao castelán. Ademais conta coa colaboración de Vicente Araguas, que interpreta os poemas e vérteos ao galego.

Si vos resulta atractiva a proposta literaria e plástica da autora, sabede que o venres 14 de marzo, ás 20:00, estará na Biblioteca Municipal das Pontes presentando o seu libro, recitando algún dos seus poemas e mostrando algúns dos seus gravados.

Estades invitados.      "

+Info: http://bibliomoncho.blogspot.com.es/2014/03/jane-danko-visita-as-pontes.html


Link: Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco - AS PONTES



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Cultura" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos