- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 45 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 6 mill&

PHP-NukeA Deputación da Coruña aprobou, no transcurso da sesión plenaria ordinaria celebrada esta mañá, investimentos por un total de 6.147.495 euros para distintas actuacións de mellora da rede viaria provincial. A sesión estivo presidida polo vicepresidente provincial, Pablo Villamar, debido á ausencia do titular do goberno provincial, Salvador Fernández Moreda.

Ao principio da sesión leuse  unha comunicación do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na que se dá conta da concesión á Deputación da Coruña da medalla de ouro da institución académica “pola súa extraordinaria contribución ao sostemento e cmprimento dos fins” da universidade compostelá.

Unha parte importante dos investimentos aprobados hoxe concrétanse no plan de travesías, que ten como obxectivo principal a mellora da seguridade viaria da rede provincial de estradas.

Proxectos incluídos: Cedeira, carreiro peonil na D.P. 2203 de Cedeira a Punta Candelaria á capela de Santo Antonio, cun orzamento de 407.053,80 euros


Na segunda fase do plan de travesías de 2009 inclúense os seguintes proxectos: Concello de Miño: travesía de Ponte Baxoi a Bañobre na DP 4801; orzamento: 232.290,10 euros; concello de Mesía: creación de carreiro peonil na DP 4701 de Castro a estrada de Curtis P.K. 0 ao P.K. 1; orzamento: 384.899,47 euros; Concello de Curtis: seguridade viaria, renovación de beirarrúas e iluminación na D.P. 3201 ao seu paso polo núcleo de Curtis; orzamento: 288.438,58 euros; Concello de Carballo; urbanización da estrada provincial DP 1901 Carballo Sísamo, 1ª fase, P.K. 0 ao 0,730; orzamento: 597.398,55 euros; Concello de Ares, construción de carreiro peonil na DP 0401 de Ares a Redes, cun investimento de 541.016,27 euros. Outros proxectos incluídos son: Cedeira, carreiro peonil na D.P. 2203 de Cedeira a Punta Candelaria á capela de Santo Antonio, cun orzamento de 407.053,80 euros; Concello de Santiago de Compostela, proxecto mellora de seguridade viaria na D.P. 7803 Santiago a Figueiras, onde se construirá un carreiro peonil, cun investimento de 461.789,99 euros. O Pleno provincial deu tamén luz verde á construción de beirarrúas na zona de Requeixo (Concello de Carballo), na estrada provincial 1901 de Carballo a Sísamo, cun orzamento de 51.978,65 euros; e aprobou a realización de obras de mellora no vial 1104 de Boiro a Ponte de San Francisco P.K. 7,050 ao P.K. 8,500, cun orzamento de 298.778,61 euros. Outras obras de mellora da rede viaria provincial que foron referendadas polo cheo provincial son as proxectadas en Ferrol coa mellora da intersección na D.P. 3608 P.K. 1,300 Balón, cun investimento de 125.448,32 euros; ampliación e mellora de trazada da C.P. 1004 do P.K. 0 ao P.K. 6 de Lanza a Boimorto”, nos municipios de Boimorto e Mesía, cuxo orzamento final será de 665.848,51 euros. Tamén en Ferrol se aprobará un reformado para a ampliación e mellora de trazado da DP 3606 de Covas a San Xurxo, cun investimento total de 615.235,26 euros. Así mesmo, aprobarase un reformado do proxecto de mellora da DP 5602 P.K. 0 ao P.K. 6,360 Negreira a Ponte Nafonso”, no Concello de Negreira, cun investimento definitivo que ascende a 1.477.318,94 euros.
O Pleno corporativo aprobou tamén unha serie de actuacións dentro do programa de calidade turística do Eume, como a reparación da cuberta da igrexa parroquial de San Pedro de Grandal e a reparación de fontes e lavadoiros de Goimil, Liñares e Eirexa, no Concello de Vilarmaior, cun orzamento de 93.078,63 euros. Tamén se aprobaron, co voto a favor do PsdeG-PSOE e do BNG e o voto en contra do Partido Popular, as modificacións do cadro de actuacións do Plan de dinamización turística de Portodemouros. A deputada popular Ánxeles Vázquez afirmou que os resultados do plan “non son os desexables” e transmitiu o “descontento” de moitos alcaldes da zona coas actuacións do plan, algunhas das cales a*****ulan certa demora. En resposta, Pablo Villamar afirmou descoñecer o malestar dos alcaldes da zona e afirmou que se poñerá en contacto con eles “e recollerei con interese o que me conten”, afirmou.
Así mesmo, aprobouse a formalización dun convenio entre a Deputación e a Universidade da Coruña para cesión de locais no edificio da Residencia “A Milagrosa” para impartir os estudos universitarios de Relacións Laborais, así como a cesión definitiva dun local na rúa Matadoiro ao Concello da Coruña para a creación dun espazo dirixido á mocidade e ás entidades de acción de voluntariado. No ámbito da cooperación exterior, aprobouse un acordo que permitirá a formalización dun convenio a través do que se destinarán 45.000 euros para o Fogar Español de Montevideo, centro no que residen numerosos emigrantes procedentes da Coruña.
Na sesión plenaria desta mañá deuse conta tamén da renuncia de Pilar Farjas, actual conselleira de Sanidade, á súa acta de deputada provincial. A voceira do grupo Popular, Adolfo Gacio, transmitiulles aos integrantes do Pleno o desexo de Farjas de despedirse en breve dos membros da Corporación, ao que Pablo Villamar contestou, en nome de todos os deputados, desexándolle sorte no desempeño do seu novo cargo.
O cheo corporativo acordou tamén a modificación da ordenanza fiscal que regula a taxa de publicación de anuncios no boletín Oficial da Provincia, de forma que as administracións e empresas quedarán exentas do pagamento das taxas de publicación de anuncios sempre que sexan de tramitación ordinaria, en consonancia co anunciado polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, no acto de presentación dos plans anticrise que, por importe de 26,5 millóns de euros, aprobou este ano a Deputación da Coruña.

Link: Diputación da Coruña



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 6 mill&" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos