AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 POSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A PRAIA

PHP-NukeASUNTO: POSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA AFRONTAR O DETERIORO DA MAGDALENA.

A. CONCLUSIÓNS sobre o proxecto presentado pola Demarcación de Costas de Galicia, titulado, “MEMORIA RESUMEN, actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira”

B. PROPOSTAS de actuación.

A. CONCLUSIÓNS sobre o proxecto presentado pola Demarcación de Costas de Galicia, titulado, “MEMORIA RESUMEN, actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira”.

1. En canto á dinámica mariña, elemento primordial para preparar a toma de decisións, ten máis de conxeturas que de certidumes contrastables.
2. Posúe certos elementos descriptivos de importancia, pero solamente inmersos nun estudio máis consistente, cobrarían valor.
3. É contradictorio na diagnose e non pondera nin prioriza os elementos causales, en que medida é responsable o espigón, o ascenso do nivel das augas, a urbanización da praia natural, etc.
4. Non afronta o tema de maneira integral. Non considera a ría como un sistema composto de moitos elementos interconectados.
5. Non xustifica algunhas das propostas planteadas, como a do dique fluvial.
6. Falla de concreción na “eliminación da vexetación exótica” sen considerar que desmantelar a cuberta vexetal tornará en máis inestable o subsistema dunar.
7. Algún parágrafo parece aceptar a posibilidade de utilizar area externa, cuestión que nós non contemplamos. O trasvase, inevitable e urxente, deberá ser interior.

B. PROPOSTAS de actuación

Efectivamente, quen propón a necesidade de realizar un estudio de impacto ambiental, non vai por mal camiño. Toda intervención desta natureza leva implícito, por esixencia legal, a súa avaliación de impacto. Pero incluso isto, como elemento precautorio parécenos pouco. Non se trata xa de avaliar a proposta de Costas, senón de paralizar de inmediato toda intervención dura, de efectos desfavorables descoñecidos e de dubidosos efectos positivos.

Costas debe concitar o concurso de toda a comunidade científica, técnica, económica, social, cultural e institucional implicada. Dicimos Costas porque de forma global cremos que ela é a máxima responsable, pero dicimos tamén Portos de Galicia, Concello de Cedeira, Cofraría de Pescadores, etc.

 Mentras tanto hai que tomar, de maneira imediata, decisións, reversibles, blandas que aprendendo de experiencias levadas a cabo noutros países nos permitan afrontar o verán con certas garantías. Algúns científicos implicados na problemática local cedeiresa apuntaron xa posibles camiños. Reiteramos o carácter imediato na consideración de que estamos frente a unha situación de emerxencia, trasvase interior e sacos de área autóctona protexendo a duna. Esta medida non requeriría avaliación de impacto ambiental.

 Marcarse un período de tempo para determinar de forma colectiva, con claridade e transparencia, o estado do “sistema ria de Cedeira” e determinar o que esperamos dela, para o que non deberiamos invertir mais duns meses.

 Tomar decisións a longo plazo, como comunidade que teñen que ver con medidas urbanísticas, plans de mobilidade, papel da zona portuaria, reserva mariña, explotación turística, elementos de identidade etnográfica, etc.

E Cedeira, a 6 de febreiro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz


© 2014 -PSdG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"POSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A PRAIA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos