- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 78 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE - CEDEIRA

PHP-NukeASUNTO: RUBIDO, 30 MESES NA INOPIA.
O RIO, UNHA CLOACA E A PRAIA NOS DERRADEIROS ESTERTORES.

          Asistimos con estupor ás declaracións na prensa do noso novo e flamante alcalde. O terceiro da lista do PP, que estivo exercendo ata o pasado 26 de decembro de “portavoz municipal y concejal de Desarrollo Local, Hacienda y Cultura” e 2º Tenente Alcalde, acórdase agora de falar con Augas de Galicia e a Delegación de Costas para que lle expliquen cales son as causas e cicais as solución para unha Depuradora que colapsa nos intres críticos e una praia que pide a berros ser atendida.

          Aceptamos que ata o momento se despreocupase destes temas, pero non lle aceptamos que se faga de novas. Desde o noso humilde banco, que defendemos con orgullo nos plenos do Concello, e cada vez que os medios de comunicación nos dan unha oportunidade, levantamos a nosa voz para solicitar que antes de actuar en superficie, asfaltando, pintando, ou levantando os pasos de peóns, se hixienice o subsolo, é dicir, se continúe co plan de separación das augas fecais e pluviais. Igualmente lles temos pedido que se deixen de compadreos coas autoridades de Costas e lles esixan que cumplan coas súas obrigas a respecto da praia e da ria en xeral.

          Son demasiadas as veces que lles temos dito que a EDAR de Cedeira está deseñada para depurar as augas sucias dos domicilios e non para respostar ás treboadas que con tanta frecuencia nos visitan. Que ou ben se constrúe un tanque de tormentas que recolla a arroiada para logo, de forma controlada, enviala á EDAR, ou se impide que as augas da chuvia de introduzan na rede de fecais, para o cal hai que separar en dúas conduccións diferentes as augas sucias dos fogares e as doces da chuvia. Hai una terceira opción, que non debe esquecerse, poñer en funcionamento durante os episodios duros de precipitacións o emisario submarino que Augas de Galicia abandonou tras a construcción da EDAR.

         Durante a alcaldía socialista de Cedeira e a presidencia de Touriño na Xunta de Galicia, desde Santiago a opción que nos aceptaron (é dicir financiaron) foi a segunda, avanzar na rede separativa. Podía acometerse en fases e para os seus orzamentos era máis viable. A Cedeira non lle viña mal porque de paso que canalizabamos as pluviais, renovábannos os tubos vellos, non herméticos, das fecais e ao mesmo tempo reparábannos o asfalto. Así procedimos coa rúa do Mariñeiro, Ezequiel López ou Avenida de España, todas elas rúas centrais do casco urbano.

         Por outras vías procedimos ao saneamento dos cascos antiguos da Vila e da Area, a Pitillera, rúas López Cortón, Ortigueira, Pontes de García Rodríguez ou Avenida da Area. Elaborouse unha memoria valorada do resto das necesidades coa idea de que que éste é un macroproxecto que non pode acadarse dun so impulso, senón ao longo dos anos. Lamentablemente o partido que goberna Cedeira na actualidade, non comparte este punto de vista, e adica o seu tempo a sestear e a obras, na maioría dos casos, non prioritarias.

         Tampouco no rural, que os socialistas aspirábamos a ter hixienizado no 2015, como apuntan as directivas europeas, o PP deixa nada no seu haber, salvo unha pequena intervención lo lugar de Birizo, tras máis de 30 meses sentados no goberno de Cedeira. Non só tiraron no caixón do esquecemento, unha vez máis, a continuidade do Plan Integral de Saneamento Rural, que lles deixamos proxectado e valorado, senón que as depuradoras e saneamentos que se construíron durante a alcaldía socialista están cubertas de telarañas. A EDAR de San Román coa súa correspondente rede de saneamento durme, desde fai dous anos e medio, o sono da folganza do PP, igual que a rede do Carreiro e correspondente depuradora, o Vilar, O Pereiro, etc.

         En definitiva, outro mandato tirado pola tajea, perdéndonos en alugueres innecesarios, en miradores onde ninguén vai mirar, en roteiros xeolóxicos de miles de euros, que puido terse acometido sen apenas gastar un peso, en remodelacións de 160.000 euros dun parque, que máis alá dunha pequeña inversión de 12.000 euros non precisa outra cousa que cumplir as ordenanzas de limpeza, uso e, sobre todo, urbanísiticas. Podemos continuar, e por hoxe eiquí paramos, falando do uso de cartos públicos na pintura de fachadas privadas ou en iluminar pistas sen apenas servicio, salvo o que o Tenente Alcalde, Alfredo Vilela e catro máis, fan dela. Pobre Cedeira! Non merecías isto.

En Cedeira, a 21 de xaneiro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© PSdeG-PSOE Cedeira

Dcto. orixinal (PDF ) : preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE - CEDEIRA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos