NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 82 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Mámoa

PHP-NukeOperarios municipais acharon nos últimos días unha mámoa nunha leira de propiedade municipal no monte Brañón, e da que non se tiña constancia até a data. O consistorio ordenou precintar a zona para evitar que os restos poidan sufrir algún dano por parte dos camións que traballan no lugar.

A vila de Cedeira pode sumar un novo achado ao seu xa importante patrimonio arquitectónico e cultural tras a aparición dunha nova mámoa nunha parcela de propiedade municipal no monte Brañón.

O alcalde da vila, José Luís Vergara, manifestaba a súa sorpresa ante o que cualificou como un achado casual, xa que segundo explicou, nos últimos días estivo a traballarse na zona, nunha parcela adquirida polo goberno local ao comezo do seu mandato, "que nos custou moito traballo adquirir xa que tivemos que negociar con varios propietarios", indicou Vergara. Nestes terreos colocouse un depósito de auga para abastecer aos veciños da parroquia de Sisalde e no transcurso destas obras apareceu este resto arqueolóxico que, nun principio, ben podería pasar desapercibido xa que, segundo explicou o alcalde, "a primeira vista só se apreciaba un buraco no terreo".

O caso é que se decidiu contactar co Seprona para saír de dúbidas e axentes especializados, xunto con responsables de Patrimonio, chegaron á conclusión de que se trataba dunha mámoa.

Segundo confirmou o alcalde, a zona xa está debidamente precintada para que o tránsito de vehículos pesados no lugar non dane este sepulcro prehistórico, xa de seu en bastante mal estado. De feito, José Luís Vergara explicaba que das 150 mámoas existentes na vila, "case todas atópanse violentadas".

 Neste caso en concreto o monumento carece da pedra superior que caracteriza a este tipo de elemento funerario prehistórico.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Mámoa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.48 Segundos