AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 98 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 LIUS RUBIDO (PP) :: SUCESIÓN DINASTICA NA VILA ::

PHP-NukeLuís Rubido (PP) tomou posesión do seu cargo como novo alcalde de Cedeira (A Coruña) en sustitución do seu irmán Leopoldo Rubido, que presentara a súa renuncia a principios de mes, tras 32 anos como regidor da localidade en distintas etapas, para "dar paso a unha nova xeración".

Nun pleno extraordinario que comezou ás 10,00 horas e durou uns quince minutos, Rubido tomou posesión do cargo. Nas últimas eleccións figuraba como número tres da lista, pero o número dous, Alfredo Vilela, renunciou a ocupar o posto de alcalde. Luís Rubido foi durante esta legislatura portavoz municipal e concelleiro de Desenvolvemento Local, Facenda e Cultura.

Luís Rubido exercerá a partir de agora como alcalde nunha corporación na que o PP goberna con maioría absoluta con 7 edís, e na que a oposición está conformada por 4 concelleiros do PSOE e 2 do BNG.

O seu irmán, Leopoldo Rubido, accedeu por primeira vez á Alcaldía no ano 1973. Ocupou o cargo ata 1999, cando foi desbancado por un goberno local encabezado polo BNG. Rubido recuperou a Alcaldía de 2003 a 2007, pero entre 2007 e 2011 a alcaldía foi ostentada polo PSOE, aínda que, de novo, recuperou o goberno local nas últimas eleccións municipais.

O pasado 5 de decembro Leopoldo Rubido presentou a súa renuncia como regidor e edil. No seu discurso, asegurou que tomaba esta decisión para dar paso a unha nova xeración que tratase "de garantir a estabilidade" para Cedeira.

PSOE: "É UNHA FRAUDE, UNHA ESTRATEXIA FAMILIAR"

Trala celebración do pleno, o portavoz do PSOE, José Luís Vergara, asegurou que o sucedido é "unha fraude" para os cidadáns porque Luís Rubido non se presentou ás eleccións como candidato e que a sucesión "foi ocultada" aos electores, pero que "xa estaba prevista".

Neste sentido, o portavoz socialista afirma que "non se trata dunha estratexia política senón familiar" e recorda que desde o anuncio de renuncia de Leopoldo, que ten 71 anos, deuse por feito que o seu sucesor no cargo sería o seu irmán. O exalcalde asegurara que a súa renuncia non se debía a problemas de saúde.

O portavoz socialista tamén criticou que o pleno dure "apenas dez minutos" e que a oposición "non poida intervir". "É un xeito lamentable de iniciar o mandato, e iso xa define que tipo de alcalde temos".

Link: T5ONline - EPONline



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"LIUS RUBIDO (PP) :: SUCESIÓN DINASTICA NA VILA ::" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos