O Partido Popular de Galicia traballa coa hipótese de que sexa Luis Rubido quen releve á fronte da Alcaldía de Cedeira
ao seu irmán Leopoldo Rubido,
despois de que este último teña formalizado esta mañá a súa renuncia
como rexedor tras gobernar a vila mariñeira 32 dos últimos 40 anos.
© 2013 - La Voz de Galicia
No
entanto, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, eludiu confirmar
publicamente a operación este mediodía. Consultado respecto diso á conclusión do Consello da Xunta, que hoxe dirixiu en ausencia de Alberto
Núñez Feijoo,
o vicepresidente do Executivo autónomo limitouse a aducir que compete
aos edís conservadores do municipio (7 de 13) resolver o cambio. «Se ese
concelleiro [Luis Rubido] é o elixido, pois será o alcalde», despachou unha primeira pregunta sobre o tema.
Cuestionado nunha segunda ocasión acerca de se a
formación que el coordina non ten nada que pintar na sucesión, Rueda
mostrouse tamén esquivo, aínda que menos. «O partido ten que dicir que,
se ese candidato se presenta e é apoiado polos concelleiros, ao partido
pareceralle ben», concluíu o número dous dos da gaivota. O traspaso de
poderes escenificarase nun próximo pleno pendente de convocatoria.
Link: VONLine