AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 72 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Rubido : "Este é un novo servizo que dou"

PHP-NukeO alcalde de Cedeira , o popular Leopoldo Rubido, presentou esta mañá en pleno a renuncia do seu posto de rexedor e da acta de concelleiro. No acto Rubido recordou a súa traxectoria á fronte da alcaldía e tivo palabras emotivas para «todos aqueles que colaboraron comigo, concelleiros, funcionarios, amigos, algúns dos cales xa non están aquí».

Leopoldo Rubido deixa de ser rexedor 40 anos despois de acceder por primeira vez á alcaldía, en 1973. Ao contrario do que se especulou, a súa dimisión non se debe a problemas de saúde. Así o asegurou o mesmo Rubido, que manifestou o seu desexo de «dar paso a unha nova xeración». Revelou que a súa idade, 71 anos, non ten «nada que ver» coa súa decisión de abandonar, aínda que explica que «hai que dar paso a alguén para asegurar un pouco o futuro e o benestar do concello. Se estamos sempre con tripartitos e cuadripartitos non hai futuro. Este é un novo servizo que dou».

A pesar de que se dá por feito que será o seu irmán, Luis Rubido, quen tome a testemuña, o certo é que Leopoldo Rubido especificou que «será o partido quen o designe, e o primeiro na lista non é o meu irmán». O certo é que así é, dado que o primeiro tenente de alcalde, e segundo na candidatura do PP ás últimas eleccións municipais, é Alfredo Vilela.



Rubido preparando a foto do cartel electoral
© 2013 Faro de Vigo


Coa renuncia de Leopoldo Rubido remata unha etapa que comezou na época franquista, e que lle mantivo durante 32 anos á fronte da alcaldía, con tan só dúas paréntese de 8 anos nos que gobernaron o PSOE e o BNG, e na que Leopoldo Rubido tamén asumiu o cargo de Senador durante a súa cuarta e quinta lexislaturas. Rubido Ramonde é graduado social e foi profesor de ensino medio, aínda que sen dúbida é a súa dilatada actividade política a que máis marcou a súa traxectoria. Amante da lectura e do coleccionismo, e afeccionado tamén ao campo, Leopoldo Rubido poderá a partir de agora dedicar maior atención a estas disciplinas.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Rubido : "Este é un novo servizo que dou"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos