- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 77 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE Cedeira - MAIORES

PHP-Nuke

CONCELLO DE CEDEIRA
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
José Luis Vergara Rey

ASUNTO: COMUNICADO OPINIÓN PÚBLICA
O PP de Cedeira leva cos maiores unha política autoritaria, de capricho e despilfarro.



       O menos que se lle debe pedir aos representantes da soberanía popular é que non causen problemas alí onde non existen. Pois ben, a actual ubicación do centro de maiores de Cedeira non presentaba ningún problema. Foi a decisión do PP a responsable do grave disgusto provocado entre este segmento da nosa poboación e conseguintemente a toda a veciñanza do municipio. Oitocentas firmas, recollidas non abrir e pechar de ollos expresan fielmente esta desazón.

         A accesibilidade do actual centro de maiores non ten mácula. Rampas, amplo ascensor e baños, cumplen as normas máis esixentes. No seu dia supuxo unha enorme inversión que o goberno do BNG e PSdeG-PSOE levaron a término e os poderes públicos deberían ser quen de amortizar, sexan da cor que sexan.

       O actual centro de maiores está enriba do auditorio. Os nosos maiores poden, sen esforzo, acceder ás actividades culturais que aquí se realicen. Teñen espazos para conferencias, biblioteca, medios audiovisuais, tecnoloxías da información e da comunicación, e posiblidades de ampliación e incorporación de novos espacios que permitan ofrecer servicios de fisioterapia, perruquería, mantemento, cursiños, etc.

       O noso centro de maiores está dotado con toda a infraestructura que lle permite contar cun expléndido sistema de climatización, iluminación e moi servida cociña que o fai especialmente idóneo para acoller un público delicado de saúde a ávido de novas ofertas, como as de tipo culinario, na terra onde as materias primas e o amor pola boa cociña forman parte fundamental da nosa carta de presentación.

       Nestes momentos de paro e privacións que se extende coma un virus entre a sociedade cedeiresa, meter sen necesidade 48.000 euros, máis IVE (21% se non sube, que subirá), máis electricidade, instalación dun sistema de climatización do que o recén adquirido local carece, combustible, mobiliario, limpeza, etc. aproxímase máis a prácticas de señoritos ociosos que ás maneiras dunha sociedade laboriosa e seria.

       O actual goberno do PP dificúltanos aos socialistas o acceso ao expediente polo que foi cedido o solo, polas irmás de María Mediadora, para a construcción do actual centro de maiores e auditorio. Rubido  afirmou no Pleno Extraordinario do venres 29, que descoñecía esa solicitude socialista. O actual alcalde ponse en evidencia, faltando á verdade desta maneira tan burda, porque temos a súa contestación, firmada por el, na que nos dan largas para acceder á documentación solicitada (necesidades do servicio, problemas de recopilación,…) 

       No pasado Pleno do 29 de novembro, o PP negou o seu compromiso, nin co seu voto no propio pleno, nin coa firma por escrito fóra del, a permitir que os maiores continúen contando co seu centro no auditorio. Utilizar subterfuxios legais para non votar no Pleno, ocultándose detrás dun informe da nova secretaria xeral ( sen dúbida “inmaculado”) presentado, por sorpresa para nós, no propio pleno como derradeiro gran argumento, non esconde a actitude escapista do PP. Pon de manifesto, sin embargo, a falta de amparo institucional dos socialistas a respecto do asesoramento leal ao que tamén teñen dereito.

        Sen dúbida, esta ausencia de claridade hai que buscala na idea desta dereita rancia e casposa, de meterlles alí actividades que distorsionen a súa tranquilidade. Detrás desta indefinición, os Rubido esconden na manga intencións inconfesables de facerlles a vida imposible coa irrupción no seu espacio de colectivos que sempre tiveron esquecidos e que utilizarán para expulsar aos maiores do seu centro.

         O PP ten que explicar qué hai detrás destas decisións. Qué se propón facer coas magníficas instalacións das que disfruta en Cedeira a xente de idade. Nada informa tampouco do proxecto que quere levar a cabo na Praza Roxa co que tanto se lle enche a boca e do que nada se sabe.

         Algo se está cocendo na trastenda do PP, algo se traen entre mans, máis aló da patética tozudez de quen non está disposto a rectificar unha pésima decisión. Oitocentas firmas, o reparo da intervención, a investigación do defensor do pobo, as disensión no seo do seu propio grupo, aparte da firme oposición dos 6 concelleiros da oposición, non son quen de facer que o PP, comandados polos irmáns Rubido tome en consideración a súa decisión.

          Por todo elo, os socialistas de Cedeira situados ao lado da plataforma que reúne aos maoiores, solicitaremos outro  PLENO EXTRAORDINARIO (Os socialistas poñemos as prerrogativas que nos deron os votantes, máis da legal e necesaria cuarta parte da corporación, ao servicio do que o pobo demande) no que pediremos garantías de calidade para os maiores que desexen continuar na súa actual ubicación, e incluso iremos máis alá, reivindicando mecanismos de xestión democrática que permita aos maiores, ser parte activa e protagonista no uso destas instalacións.

          En Cedeira, a 2 de deecembro do 2013
             JOSÉ LUIS VERGARA REY
         PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2013 - PSdeG-PSOE Cedeira

Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí


Link: PSdeG-PSOE CEDEIRA



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE Cedeira - MAIORES" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos