AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 17 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Cultura

PHP-NukeJane Danko achega a edición trilingüe de " De amor y vida ".

Jane Danko, pintora e escritora, presentou onte en Sargadelos a edición en castelán, galego e inglés de "De amor y vida", libro editado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán na súa colección Solaster.


© 2013 - Pedro Taboada, director de www.pintoresgallegos.com


© 2013 - Pedro Taboada, director de www.pintoresgallegos.com



-----------------------------------------------------------------------------
A Galería Sargadelos (Rubalcaba, 30 -32 , Ferrol ) acolle este vindeiro xoves día 28 de novembro de 2013 ás 19:30 horas, a presentación do libro de Jane Danko " De amor y vida / De amor e vida / Of Love and Life ", edición trilingüe castellano - galego - inglés para a Colección Solaster da Editorial Sociedad de Cultura Valle Inclán .
Intervirán na presentación:
Jane Danko, pintora e escritora, autora do libro
Xulio López Valcárcel, poeta , escritor e crítico literario
-----------------------------------------------------------------------------
De amor y vida / De amor e vida / Of Love and Life - Historia de un proxecto
DE AMOR E VIDA naceu dunha idea concebida por Fernando Bores, editor e director da Sociedad de Cultura Valle-Inclán, ubicada en Ferrol, (Galicia, España). Transcorrían os primeiros meses de 2005, Jane Danko levaba en España catro anos. Había algún tiempo que Bores desexaba publicar un poemario, tanto con gravados orixinais como ilustracións, todo feito a man, na súa Colección Solaster. Propúxolle criar un libro bilingüe galego – inglés, para o que Danko faría gravados orixinais con variedade de técnicas - augaforte, augatinta, xilografía, liñografía e carborundo - como ilustracións dos poemas. O libro, feito e encadernado a man, sería de pequena edición, limitada, cunha pintura orixinal na capa de cada exemplar
Moitos dos poemas existían xa sobre o papel a maneira de borrador, moi verdes e crus; outros eran nada máis que o xermolo dunha idea, riscas nun folio; outros, case rematados, aínda que todos en estado descoidado no seu caixón de "tarefas por atender". No ano e medio seguinte escribeu e compuxo bocetos para as ilustracións, visitando os lugares que reseñaba nos poemas para que deles fluíse a inspiración. Así, neste proceso, non soamente os poemas se deron completados, senón que agromaron outros novos, e novos esbozos tamén para acompañalos.
O libro foi collendo forma doadamente: tres capítulos, o primeiro adicado a poemas sobre Cedeira, a sua nova terra; o segundo tratando os enigmas que rolaban, e aínda rolan, nas sua cabeza; e o terceiro, poemas que escribira en Texas, a sua terra natal. Fernando presentoulle ao sobranceiro poeta Vicente Araguas quen aceptou ocuparse da traducción ao galego do proxecto. Neste traballo conxunto xordeu unha fonda amizade entre os tres que ten dado luz, alegría, e contento á sua vida.
A meirande parte do contido é autobiográfica. Os lugares e eventos que aparecen en "Galicia benquerida" - O Campo del Castro, A Garita, o parque onde atopou a folla caída, a praia na que recolleu a estrela de mar para devolvela ao seu hábitat, o porto, o mar, o San Xoán - todos existen, todos son reais, como as historias que se contan en "Enigmas" e " ... tres de Texas ". Todo aconteceu realmente, non hai nada de ficción.
.A preparación de poemas e gravados alongouse por un período de case dous anos, ata dar esta por rematada. Os textos foron impresos con tecnoloxía laser con verdadeira pericia artesá, páxina a páxina, por Quique Vázquez na imprenta de Cedeira. Andrés Urrutia, artista e artesán, tamén veciño de Cedeira, ensinoulle a técnica de encadernación. Para cada capa de cada libro pintou unha obra de pequeno formato, ás veces figurativa, outras baseada en símbolos dos petroglifos prehistóricos que tanto abondan en Galicia. E en decembro de 2006 o que tivera sido un proxecto tornouse realidade, un libro de 21 poemas e 21 gravados, feito e encadernado a man; unha edición de 20 exemplares e dúas probas de artista.
Desde aquel tempo, Fernando e Jane tíñan falado da posibilidade de algún día facer una edición en offset de DE AMOR E VIDA / OF LOVE AND LIFE, máis chegadeira, e á vez inserir nela os poemas en castelán, ademáis de no galego e inglés da edición original. Aínda que o Concello de Cedeira mercou un exemplar para a Biblioteca Pública, xeneroso gesto da Corporación do que Jane esta fondamente agradecida, o seu desexo era que estos poemas e gravados desen chegado ás mans dos veciños de Cedeira i de Galicia, onde tantos deles están ambientados. Quería que os seus veciños puidesen levar o libro a casa, dobrar, apalpar as páxinas, se quixesen regalalo se cadra a seus fillos ou parellas, a un veciño, a un amigo.
Agora, con esta edición en offset , isto é posible e o que era un soño para ela volveuse realidade.

------------------------------------------------------------

Ficha técnica:

Título: " De amor y vida / De amor e vida / Of love and Life "
Edición trilingüe en castelán, galego e inglés, que reproduce en cor os gravados da edición orixinal.
ISBN: 978-84-92597-27-7
Páxinas: 134
17 × 24 cm
Ed.: Sociedad de Cultura Valle Inclán
------------------------------------------------------
Jane Danko - Biografía
Jane Danko naceu en Texas (EE. UU.) nas beiras do río Sabine e a carón do pantano que vai de Texas a Lousiana. Xa desde nena andaba enfeitizada polas alegorías e metáforas das cancións de berce e os contos de fadas e procuraba sempre o significado oculto das palabras sen aceptar, sen máis, o texto literal. Esta curiosidade acerca das realidades máis fondas levouna a investigar os mitos, símbolos e fenómenos que van máis aló da natural orde.

Desde o ano 2000 Jane fica en Cedeira, A Coruña, Galicia, España, onde vive mergullada nun patrimonio rico en mitos e símbolos que lle permite desenvolver unha obra explorando os universais e intemporais temas que, inda non ben articulados, forman nidia parte da nosa memoria colectiva primixenia, pois cando os percibimos son recoñecidos axiña como algo familiar que nos une entre nós e a todos nós co alén.
En Houston (Texas) exerceu de crítica de arte visual e performance para Houston Art Scene levandoa cabo, posteriormente, traballos como Directora da sección Performance, Directora Editorial e, máis tarde, Directora Executiva. Foi Directora de Redacción para Texas na revista The New Art Examiner(Washington D. C.). É autora de Cando cantan os anxos, Lilith e Bodas da espiral, ademais de libros feitos a man, únicos ou en edición limitada.
-----------------------------------------------------




Link: DFONPaper - VONPaper - Pedro Taboada



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Cultura" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos