- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 61 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concelo de Cedeira - Urbanismo - UEI 1

PHP-NukeAs familias que promoven o Plan Especial de Reforma Integral (PERI) - Unidade de Execución Integral 1, do polígono da Xunqueira, esixen ao Concello de Cedeira que "cumpra os prazos legais, que xa superou con fartura", para a súa ratificación definitiva.
Desde a aprobación inicial do plan, o 11 de xaneiro de 2007, transcorreron case sete anos, e están a piques de cumprirse dous desde que o concello levantase os dous anos de suspensión da tramitación, derivados da entrada en vigor da Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia.
Os promotores do PERI da Xunqueira consideran "ridícula" a xustificación dada polo portavoz do goberno local, o popular Luís Rubido, que achacou o atraso a "a complexidade técnica" do proxecto. "Que un tema sexa complicado non che exime da túa responsabilidade legal de ter que informalo", replican. E insisten en que un PERI "desenvólvese con moitísima rapidez porque está moi reglamentado e a normativa que se aplica é moi clara". " Curiosamente - apuntan - , este tema , moi sinxelo, non se está sacando adiante e , con todo, unha modificación puntual do planeamento, que si resulta moi complexa, posto que teñen que xustificar que non existe chan para desenvolver esa actividade que se pretende, vai moi rápido".


© 2013 - Catastro

Aluden ao cambio de cualificación urbanística dunha parcela de 2.619 metros cadrados situada na estrada AC-566 ( fronte á gasolineira ) para establecer o seu uso comercial, "cando no planeamento xa está previsto chan para estes usos , como é o PERI da Xunqueira".
Rubido recoñece que "é obrigatorio tramitar os expedientes pola orde de entrada no rexistro", insiste no interese do Concello en aprobar o plan da Xunqueira "canto antes" e afirma, doutra banda, que a cadea de alimentación interesada en montar un gran hipermercado en Cedeira "xa ten pechado instalarse na outra zona ( fronte á estación de servizo)".

Link: VONPaper



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concelo de Cedeira - Urbanismo - UEI 1" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos