NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BNG Cedeira - Expediente do aluguer local de maiores

PHP-NukeAnte a solicitude feita polo grupo municipal do BNG , presentada por escrito no rexistro municipal do Concello o pasado 3 de outubro,  relativa á consulta do expediente do aluguer dun baixo na praza Roxa ao que se pretende trasladar o local social de maiores de Cedeira, a resposta-resolución da alcaldía foi que poderemos consultalo cando a tramitación  do expediente estea rematado. Indícase ademais na mesma resolución que no prazo de 15 días dende a formalización do contrato en documento administrativo permitirásenos a súa consulta. É dicir a día de hoxe, 11 de outubro, non tivemos aínda acceso ao contrato de aluguer porque o contrato aínda non está formalizado ou o que é o mesmo asinado.

 Todo isto non deixa de sorprendernos; primeiro o portavoz municipal do grupo do goberno popular no último pleno celebrado no Concello o 25 de setembro, négase a darnos datos ao respecto dos costes do referido contrato e ínstanos a que consultemos o expediente e agora resulta que non podemos acceder de momento ao contrato de aluguer porque este non está formalizado. Alguén o entende?.
Sen olvidar que no local da praza Roxa estanse a realizar obras de remodelación ou acondicionamento, calquera que pase por alí pode velo, o que nos sorprende aínda máis posto que si o contrato non está aínda formalizado como pode estar o goberno municipal facendo obras no baixo?

O BNG defendemos dende sempre que a xestión dun goberno municipal ten que ser   clara e transparente e neste caso é obvio que non o está sendo por iso imos seguir insistindo en que todos os veciños e veciñas desta vila temos dereito a saber e a que se nos expliquen tanto as razóns da toma de decisión do cambio de local dos nosos maiores, coa evidente oposición dos mesmos, como se pensaba trasladalos o 1 de outubro cando aínda non está formalizado o contrato de aluguer e como se están a realizar obras de acondicionamento sen un contrato asinado.

María Xosé Rodríguez Pérez, portavoz municipal do BNG de Cedeira



Link: BNG Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"BNG Cedeira - Expediente do aluguer local de maiores" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos