|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 41 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Salvar o honor da razón, por Gabriel Beceiro |
Un artigo de Gabriel Beceiro publicado en SomosCedeira.
"A airada reacción da Cámara de Goberno de Cedeira pertence máis ao ámbito psicopolítico do que á xestión dos asuntos cotiáns. Por que? Non están afeitos. Estáselles a facer sana oposición dende a sociedade civil, dende a imprecisa ubicuidade da Rede e con nomes e apelidos.
Nun tempo no que o compromiso coa razón democrática escasea quenes levan décadas de malentender o que significa gobernar en maioría, veñen de atoparse co reverso das súas palabras. Xa o dicía Kant: o que “hai que salvar é o honor da razón” porque perdela é perder o mundo, o noso, este recanto galego chamado Cedeira. Porén, como domesticar non poden, só se lles ocurre apelar ao honor das persoas como se fosen os únicos depositarios dese dereito. A asimetría é grande porque aquí dinse as cousas na ágora e non en SMS. Típico de quen goberna a golpe de prexuizo e nula capacidade de diálogo. E non só iso, nada máis e nada menos que se alega “intromisión en su derecho al honor”. O que na Constitución española vén tipificado no artigo 18.1, esquecéndose nun lapsus do artigo 20 do mesmo texto, o da intromisión na liberdade de expresión e información que garanten a formación dunha opinión pública libre. Onde é que está o límite de un respeito do outro? Poderían especificar en qué se substancia a suposta “intromisión” no honor? Porque agora e non antes?
Os avogados saben que hai unha xurisprudencia pacífica sobre os
criterios a seguir para decidir se unha actuación é extralimitada ou
non. Produce pruído comprobar, como dí Josep Ramoneda, que entre os
representantes públicos ainda haxa quen non recoñeza que “toda crenza
compartida é un xuizo que non xulga, unha certeza que non se pón en
causa, unha proposta que non se examina.”
O dereito á información
consiste no dereito a emeter e producer ideas, pensamentos e opinións, a
comunicar e receber información veraz- enxergada como o resultado de
certa dilixencia por contrastar a información dada dacordo cos
parámetros de quen informa- e da profesión xornalística, ainda que
segundo o Tribunal Supremo, na sentencia 511/2012, se afirme que só sexa
esixibel a veracidade cando a información insiste no descreto da
persoa). No caso do o Centro de Maiores, cando se deu este suposto?
Abofé que o historiador local de Cedeira lles podería trazar un breve
rascuño da árbore xenealóxica dos cedeirenses para comprobar o pouco
tupido que é e de quen vén sendo cada quen. Sábeno moi ben e fan uso a
discreción cando lles convén, non-si? Cando e onde se empregaron frase
innecesarias, ofensivas ou que non teñen relación co que se está a dicir
? Mesmo tratándose de posibles expresións ofensivas a xurisprudencia
acepta a non-intromisión no honor se hai vincallo coa información dada
ou a situación política e social do momento. A falta de transparencia e
opacidade son mestres da cerimonia da confusión, que sempre axuda a
facer o que a un lle peta. Acaso informaron vostedes á cidadanía do
proceso de contractación con publicidade e transparencia ou vanlles
millor os feitos consumados? En qué evidencia se basean para afirmar que
os servizos para maiores se ubican en zonas comerciais na Galicia rural
e vilega? Son sinónimos “comercial” e “céntrico”? Por exemplo, están
os servizos administrativos do Concello de Cedeira nunha zona
“comercial” e “céntrica” cando a maior parte da poboación se concentra
fora da vila vella? Si é así , porque levaron os “servizos sociais” para
unha planta do Auditorio? Se o que vostedes fan non sirve para definir
eses conceptos con políticas redistributivas que permitan dotar de
tecido urbano ( servizos, equipamentos e recursos) dun xeito
equilibrado, para que sirve entón a política? Para controlar e facer
ideoloxía.
Pola contra, o dereito á liberdade de expresión ten
maior alcance, xa que atinxe (a parte do contido do dereito de
información) a liberdade de emeter xuizos, crenzas e pensamentos de tipo
subxectivo e persoal, de tipo máis valorativo. Certo é que na práctica
sempre é dificil afastar as dúas liberdades se concorren nun mesmo
artigo.
Dicíamos antes que a “ameazante” reacción de quen goberna
en Cedeira pertence ao psicopolítico, e preguntámonos: tantos prexuizos
teñen que os elevaron a doutrina e non apenas a opción provisional,
facendo deles unha peneira coa que tratar a toda a cidadanía disidente?
Como
teñen a fachenda de xustificar o traslado dun local público que
vostedes mesmos proxectaron a outro privado en base a ser un local
ubicado en “zonas comerciais e céntricas” como se o actual Centro de
Maiores e o Auditorio estiveran ubicados no medio da Capelada? Non foi
Leopoldo Rubido quen decidiu a actual ubicación? Non ten nada que dicir
perante o tamaño do desproposito de planificación? Cando lles van
comunicar aos comerciantes da Area e a Silva que o Centro de Maiores e
do Auditorio están ubicados na periferia?
O caso é que foi o
actual alcalde de Cedeira quen pactou coa congregación María Mediadora
un proxecto sociocultural que acabou sendo un edificio encorsetado en
altura e sen previsión de ningún tipo? Daquela ainda era centro.
Quen
fixo da Praza Roxa centro? Vostedes. Porque teiman en centrarse aí
precisamente agora? Non foi Leopodo Rubido quen propiciou un
desenvolvimento urbano ateigado de calexas, sen zonas para aparcar e
para transitaren as persoas? Non foi este alcalde quen estragou a Praza
da Rectoral cunha intervención que enterrou cartos nun mercado baixo
terra e non permitiu o desenvolvimento comercial da vila vella? Cando
propiciaron a súas políticas un desenvolvimento equilibrado de toda a
zona urbana? Van teimar en seguir drenando servizos cara a Praza Roxa?
O
que vostedes fan é ideoloxía dun só principio: quen goberna fai e
desfai e pouco importan as razóns perante o poder por moi cativo que
este sexa.
Mais hai un outro poder, o que o vello Kant nos
lembraba a cada un de nós, o da razón perante as arbitrariedades e os
disparates. E o disparate véncese con tempo, información e política
entendida como soberanía compartida e cooperación."
Link: SomosCedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Salvar o honor da razón, por Gabriel Beceiro" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|