AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 47 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 MáisLibros - Nordesía - Diario de Ferrol

PHP-NukeArtigo de Vicente Araguas na sección MáisLibros do Nordesía, suplemento cultural do Diario de Ferrol.

"Unha Texana por terras de Cedeira"

"    Titulo así, con maneiras de película que pasasen no Floreal ou no Tres de Oros, porque teño un antoxo. Ou se cadra, talvez, o antoxo de reivindicar a figura dunha muller polivalente, pintora, oleira, escritora, escultora tamén, quen veu vivir con nós, motivada polo amor (a un home), prolongado despois pola querencia (a unha terra). Jane Danko chámase a dama.

   Miúda ela, espilida, bulidora, disposta non soamente a embarcar en mil proxectos senón a facelo con quen se cruce no seu camiño con ideas na falchoca. Así Fernando Bores, quen volve editar de cando en vez para poñer na rúa libros utópicos, fermosos como loitar contra dos xigantes da indiferencia diante da fermosura, bravos cal o espírito deste home quen de levar a Ferrol naquela nao que se chamaba Esquío ao universo poético mundial. Porque a noite da entrega dos premios, e non soamente esa noite pero moi especialmente entón, Ferrol era a capital do mundo da poesía.

   Perdeuse aquilo e non houbera drama visible, porque ás veces a beleza procura formas soterradas para o pranto, pero as razóns abondaban. Así e todo o Fernando aí segue, desta volta para outorgarnos o libro de Jane Danko, De amor y vida/ De amor e vida/ Of Love and Life (Editorial Sociedad Cultural Valle-Inclán. Colección Soláster, Ferrol, 2013), en edición (obviamente) trilingüe. Escrito, e verquido, o libro nos tres idiomas que dominan a vida de Jane Danko, se é que algo manda na súa vida que non sexa ela mesma. Porque, reitero, é moito esta muller que colle as rendas dun cabalo salvaxe, o da súa poética, para dirixilo a partir da tenrura.

   Da suavidade que se chama eros, terra, folclore, costumismo, belixerancia e non sei cantas cousas podería eu dicir destes poemas, que coñezo ben porque aceptei ser quen os puxera en galego (así que hoxe son parte, e xuiz máis ben pouco), e quero dicir que sendo como son libérrimos hai neles un ponto radical que pide a meirande atención.

   Acompáñanse da reproducción das gravuras orixinais (o libro fora nun principio un obxecto de arte, de espallamento moi limitado como é natural). Agora a cousa acada unha dimensión ampla, que pide a ollada dos que aman a poesía de xeito autónomo.

   Son estes lectores adicados de poesía os que van atopar aquí pequenos, medios e aínda grandes formatos, para unha chea de poemas nos que América e Galicia, Texas e Cedeira fan por darse a man, por aloumiñarse as unhas coas outras nun xesto cordial.

   O que tende esta muller de palabra naturalista e rexa, artista de moitas dimensións, dona da palabra e máis do sentimento, que veu vivir con nós tentando devolver parte do que aquí recibira. Eis o froito deste agradecemento, tan ben feito medrar por Fernando Bores. "


© 2013 - Nordesía - Diario de Ferrol

Dcto. orixinal ( Formato PDF ): Preme aquí


Link: DFONLine - Nordesía



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"MáisLibros - Nordesía - Diario de Ferrol" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos