O vindeiro luns 16 de setembro a Escola Municipal de Música Vila de Cedeira abre as súas portas para inaugurar o curso 2013/2014. No seu segundo ano de vida, a Escola ofrece un amplo abanico de especialidades entre as que se atopan música e movemento (para os máis pequenos), acordeón, clarinete, frauta, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, piano, gaita, guitarra, percusión ou linguaxe musical. Ademais, neste novo curso, a Escola Municipal de Música Vila de Cedeira contará con dúas agrupacións de nova formación: o Coro e a Pequebanda, nas que os alumnos terán unha oportunidade única para aprender e divertirse practicando música en grupo. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o venres 13 de setembro. Todos aqueles interesados en aprender a tocar un instrumento poderán matricularse nas oficinas da Escola de Música (cuarto andar do Auditorio Municipal) de luns a venres en horario de 19:00 a 20:30.
© 2013 - Concello de Cedeira
+ info matrícula : preme aquí
Link: Concello de Cedeira