Rectificación de erro material
EDICTO
RECTIFICACIÓN DE ERRO MATERIAL
Aprobado con carácter inicial na sesión plenaria ordinaria do día 22-05-13 a rectificación material do erro material/númerico da Ordenanza SF-Solo non urbanizable de protección de canles e zonas baixas do Plan xeral de ordenación municipal de Cedeira nos seguintes termos: “ámbito de aplicación” letra b) : debendo figurar: ”….unha franxa de solo non urbanizable de protección comprendendo a canle e sendas faxas de 5,00 m de ancho para cadansúa marxe, como zonas de servidume de uso público, de conformidade co artigo 6 do Regulamento de dominio público hidráulico, último párrafo…”; sométese a información pública polo prazo de dous meses a efectos de alegacións-suxerencias-reclamacións.
Cedeira, a 19 de xuño do 2013.
O alcalde-presidente
Asdo.: Dn. Leopoldo Rubido Ramonde
Link: BOPONLine