NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Leopoldo, Alcalde + Luis, Portavoz: +IBI x - Servizos

PHP-NukeO goberno de Cedeira nega que o incremento do tipo de gravame do Imposto de Bens Inmuebles (IBI) aprobado onte no pleno -o rústico pasa do 0,30 ao 0,55 % e o urbano, do 0,46 ao 0,55 %- vaia a traducirse nun maior desembolso por parte dos veciños. Nalgún caso, aseguraron o alcalde, Leopoldo Rubido, e o portavoz do executivo popular, Luís Rubido, supoñerá ata unha rebaixa. E é que, argumentaron, a última revisión catastral foi «á baixa», polo que aínda aplicando un tipo máis elevado o resultado final podería resultar favorable a algún propietario.

A oposición votou en contra desta medida, que a portavoz do BNG, María José Rodríguez, cualificou de «tremenda barbaridade, desproporcionada e sen xustificación neste momento de crise, coa cantidade de paro que hai». O edil socialista Manuel Pérez recordou que xa se subiu o IBI o ano pasado e incidió na «discriminación» que supón equiparar o tipo de bens rústicos e urbanos, pola diferenza de servizos que o Concello presta na zona rural e na vila, en materia de saneamiento, fornezo de auga, etcétera. A concejala nacionalista tamén insistiu nesta cuestión, aínda máis grave, recalcou, «pola cantidade de pensionistas que hai non medio rural». Luís Rubido escudouse, de xeito reiterado, en que se trata «dunha cuestión técnica, moi complexa» e asegurou que desde a Gerencia do Catastro habíanlles «aconsellado» aplicar un tipo aínda superior, que o goberno local decidiu «moderar». Tanto el como o regidor explicaron o alza do IBI para «manter a recadación» e poder así continuar prestando os servizos municipais.

Como se explica esta medida cando o Concello de Cedeira pechou o exercicio 2012 con máis de medio millón de euros de superávit?, preguntáronse tanto PSOE como BNG. Luís Rubido limitouse a contestar que «ou superávit non ten nada que ver coa suba de impostos». Á oposición estrañoulle sobremanera que a revisión catastral «fora á baixa, cando sempre é ao revés». Varios veciños acudiron onte mesmo ao consistorio para interesarse por esta cuestión, preocupados polo eventual aumento do recibo do IBI que terán que abonar en 2014.

A oposición mostrouse moi crítica coa convocatoria do pleno extraordinario monográfico, cando este asunto fora retirado da última sesión ordinaria. Onte faltaron, por razóns laborais, unha edila do BNG e dous do PSOE, entre eles o portavoz, José Luís Vergara, que criticou «o déficit democrático deste goberno». O executivo dixo que necesitara tempo por «discrepancias e para facer ben as cousas».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Leopoldo, Alcalde + Luis, Portavoz: +IBI x - Servizos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos