NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Feijóo manterá os 500 metros

PHP-NukeO que previsiblemente será vindeiro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse hoxe a que mentres o seu Goberno non teña rematado o plan do litoral, "deixarán as cousas como están", cunha moratoria da Lei urxente de medidas de protección do litoral, que prohibe construir a menos de 500 metros da costa e que vence o vindeiro 17 de maio. "Mentres non fagamos o plan de litoral se deixarán as cousas como están", explicou.

Feijóo defendeu hoxe no Parlamento as propostas plantexadas no seu descurso de investidura e, no seu turno de réplica aos portavoces parlamentarios, avanzou tamén a súa intención de contar no novo organigrama do Goberno galego cunha Consellería de Innovación e da Competitividade, na que estará integrado o Igape, que deixará de depender da Consellería de Facenda. En canto á estructura do Goberno, tamén revelou que a Secretaría Xeral de O líder popular rexeitou as críticas de socialistas e nacionalistas sobre a falla de concreción do seu descurso do pasado martes e recordou que efectuou 174 propostas, das cales 104 foron no ámbito económico, 30 no das institucións e 40 no do benestar. Así, concluiu que se poden calificar as iniciativas de boas ou malas, pero dicir que non houbo propostas concretas interpretouno como un feito revelador de que os portavoces de PSOE e BNG non leron o seu descurso. Fronte ao ton institucional e comedido da primeira xornada, Feijóo foi máis duro hoxe e dixo que o bipartito lle deixa en herencia unha Galicia "moito peor" que a que recibiu hai catro anos. Ademáis, dixo ter moi clara a súa ideoloxía, fronte ao que lle tiña acusado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, e o do PSOE, Xaquín Fernández Leiceaga, ao que botou en cara o seu pasada nacionalista. "Eu sempre estiven no mesmo partido, vostede non", espetoulle. Nesa liña de maior confrontación cos grupos que conformarán a oposición, o líder popular botoulles en cara a súa división cando formaban parte do Goberno e recordou declaracións de destacados dirixentes socialistas nas que aseguraban que se equivocaron na súa relación cos nacionalistas. Así, Feijóo dixo esperar que todos aprenderan destas eleccións que o pobo galego non quería un goberno dividido e menos dous Executivos enfrontados. En canto á súa anunciada intención de revisar o concurso eólico, volveu a traer a colación unhas declaracións do PSOE, neste caso do presidente en funcións, Emilio Pérez Touriño, para asegurar que o que ten pensado facer é precisamente o mesmo que faría o propio Touriño: revisar que o proceso se axuste á legalidade e defender os intereses de Galicia. Por outra banda, reafirmouse de novo na súa intención de non derrubar o bo feito polos seus antecesores e non volver a tempos pretéritos "sempre imperfectos", aínda que tamén se dixo orgulloso do ex presidente Manuel Fraga. En todo caso, quixo deixar claro que hoxe viña a falar do futuro e non do pasado e concluiu a súa intervención ofrecendo catro grandes pactos de país a socialistas e nacionalistas: polo financiamento autonómico, polo emprego, polo novo Estatuto e pola lingua.
Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Feijóo manterá os 500 metros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.34 Segundos