AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 36 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - AC-566

PHP-NukeA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), licita hoxe a reparación dun tramo de 15 quilómetros da estrada que une as localidades coruñesas de Valdoviño e Cedeira (AC-566), por case 650.000 euros. Así llo trasladou esta mañá a delegada territorial, Belén do Campo, aos alcaldes destes dous concellos, José Antonio Vigo e Leopoldo Rubido, cos que mantivo un encontro de traballo para analizar o proxecto, que beneficiará a preto de 130.000 habitantes dos concellos de Ferrol, Narón, Cedeira e Valdoviño.


A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén Do Campo, visitou hoxe a zona das obras
© Xunta de Galicia - 2013
Na súa visita á zona, onde estivo acompañada polos rexedores, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Antonio Álvarez, Do Campo explicou que a actuación ten un prazo de execución de seis meses. “As obras centraranse no arranxo desta vía, que presenta importantes deterioros no estado do firme, co obxectivo principal de mellorar a seguridade viaria”, indicou a delegada territorial, que aclarou que os traballos inclúense no Programa de Obras de Conservación Extraordinaria das estradas da provincia da Coruña para o ano 2013.Actuacións complementarias
Nesta estrada, que se encadra dentro da Rede Primaria Básica e Rede Secundaria da Xunta de Galicia, realizaranse algunhas actuacións complementarias, como a execución dunha cuneta revestida de formigón na marxe interior, a incorporación de nova sinalización vertical e dunha barreira de seguridade de dobre onda. Ademais, proxéctanse traballos de limpeza das marxes da calzada e a tala de varias árbores e non se modificará en ningún punto a sección transversal da estrada.Para levar a cabo estas tarefas é necesario o fresado do firme en 68.575 m2. Tamén se aplicarán máis de 6.000 toneladas de mestura bituminosa en quente, 18.340 m2 de microaglomerado en frío e algo máis de 45.000 m2 de emulsión termoadherente. De igual xeito, construirase unha cuneta de seguridade, repoñeranse as marcas viarias e verticais e procederase á limpeza das cunetas e gabias.Con estas actuacións, o departamento que dirixe Agustín Hernández pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria cómoda e segura que evite a sinistralidade. Por outra banda, foméntase o desenvolvemento económico e social dos concellos desta comarca.


Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - AC-566" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos