- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Maiores

PHP-NukeO Concello de Cedeira organiza sendas excursións para os maiores da vila. No primeiro caso, á localidade de Muros e á fervenza do Ézaro, situada á beira do pobo  que lle dá nome. No segundo, a Caminha e a Valença do Minho. Dúas excursións coas que o Concello pretende ofrecer actividades de ocio para o colectivo da  Terceira Idade, creando espazos nos que compartir o seu tempo. A primeira viaxe terá lugar o próximo domingo día 21 de abril e, o segundo, o 8 de maio. Na xornada de hoxe, o Departamento Municipal de Servizos Sociais abría o prazo para que as persoas interesadas en participar se anotasen. Poden facelo chamando ao teléfono 650 779 862 ou ben de forma presencial na cafetería do centro sociocultural (emprazada no Auditorio Municipal). O custe da primeira excursión é de 30 euros e a viaxe a Portugal, de 22. A excursión do día 21 de abril inclúe os desprazamentos en autocar, unha visita guiada con guía turístico a Muros e comida no mesmo municipio. O menú está composto por mexilóns, salpicón de polbo, bacallao, torta de queixo, auga, viños e refrescos e café. Así mesmo, e xa pola tarde, os maiores poderán disfrutar dun auténtico espectáculo da natureza: a fervenza do Ézaro, a única de Europa que desemboca no mar. No caso da viaxe a Portugal, programada para o 8 de maio, os participantes poderán visitar a localidade lusa de Caminha, onde destaca o seu centro histórico de trazado medieval e a beleza das súas paraxes naturais, e a Fortaleza de Valença do Minho, coñecida pola súa actividade comercial. Neste caso, o prezo da excursión non inclúe a comida.

Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Maiores" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos