|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 92 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Enerxía |
Manter a calidade do servizo e aforrar na factura eléctrica son os dous
obxectivos que se propuxo o Concello de Cedeira á hora de levar á
práctica o plan piloto de aforro energético no alumado público con
implantación na vila. Con esta intención, a Concellería de Obras poñía en
funcionamento os seus plans na parroquia de Montoxo, máis
concretamente, no lugar de Cimadavila. Nesta zona, operarios municipais
de Cedeira iniciaron a instalación de equipos regulables para o aforro
de enerxía nas luminarias do alumado público.
Nun primeiro momento, analízanse as necesidades de intensidade lumínica -que varían fundamentalmente en función das horas de luz solar -e, a
continuación, establécese o programa de funcionamento das luces fixando
para iso un total de tres niveles: 100%, 75% e 50%. A potencia e fluxo
irase reducindo nesas proporcións ao longo das horas e en función das
necesidades.
Os equipos instalaranse nun total de 15 puntos de luz de vapor de sodio
de alta presión HPS de 70 vatios de potencia en lámpada e, o custo da
intervención, que se realiza con fondos propios, rolda os 3.000 euros.
Desde o Concello explícase que a elección da parroquia de Montoxo débese
á necesidade de aproveitar recursos. Precisamente na zona, e dentro do
plan municipal para eliminar enganches da rede pública a contadores
particulares, operarios municipais executaban recentemente traballos
desta natureza.
Agora, a intención do consistorio tamén pasa por concluír a instalación
dos equipos de aforro energético e comprobar sobre o terreo o seu
funcionamento, necesidades de mantemento e repercusiones na facturación
eléctrica. Será o paso previo para a aplicación do sistema na rede
pública.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Enerxía" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|