|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Libre nomeamento |
Leopoldo Rubido, Alcalde do Concello de Cedeira: ".... Canto menos persoal , mellor, hai que aforrar, ..." ( La Voz de Galicia 12-02-2013 )
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Asunto :NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL: ASISTENTE TÉCNICO ÁS CONCELLERÍAS Data decreto: 01/02/2012 Núm. Decreto: 40
Visto
que na plantilla de persoal desta Corporación correspondente ó
orzamento de 2012,previa modificación da mesma acordada na sesión
plenaria do 25 de xaneiro de 2012, figura oposto de traballo de
“Asistente técnico ás concellerías” como persoal eventual.
Considerando
que corresponde a esta Alcaldía a provisión destes postos de traballo
mediantelibre nomeamento, consonte as atribucións conferidas polo artigo
104.2 da Lei 7/1985, de 2 deabril, Reguladora das Bases do Réxime Local
e artigo 250 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de
Galicia.
Vista a proposta da Alcaldía, de 1 de febreiro de 2012.
Visto
o escrito presentado por Don ************, con D.N.I. número
********-* na data de hoxe (rex. de entrada nº 571), declarando non
estar incurso en causa de incompatibilidade para o desempeño do posto,
ao abeiro do disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de
Incompatibilidades do persoal adscrito ó servizo das Administracións
Públicas.
No uso das atribucións conferidas pola lexislación vixente en materia de réxime local,
RESOLVO:
Primeiro.- Nomear a Don ***********,
con D.N.I. número *********-* para ocupa-lo posto de “Asistente técnico
ás concellerías”, reservado no cadro de persoal a persoal eventual,
coas atribucións propias do posto, cunha dedicación do 50% da xornada laboral e a retribución que figura no orzamento vixente, que en cómputo mensual bruto ascende a 1.400,00€ a percibir en 14 pagas, máis a parte da Seguridade Social correspondente.
Segundo.-
Don ********* poderá ser cesado libremente por esta
Alcaldía, e en todo caso, cesará automáticamente cando se produza o cese
ou expire o mandato desta Alcaldía.
Terceiro.- Os servicios
prestados ó abeiro do presente nomeamento, non poderán ser invocados
como méritos para o acceso á función pública ou á promoción interna.
Coarto.-
O presente nomeamento e o seu réxime de retribución publicaráse no
Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do mesmo ó Pleno da
Corporación na primeira sesión que celebre.
Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, secretaria, dou fe. Cedeira, 01/02/2012 O alcalde, A secretaria xeral, Leopoldo Rubido Ramonde Mª Cristina Varela García
Link Concello de Cedeira
Link: La voz de Galicia - Resolución de Añlcaldía
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Libre nomeamento" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|