- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Ordenación do litoral

PHP-NukeA conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes en funcións, María José Caride, informou hoxe en rolda de prensa sobre o estado de execución do Plan de Ordenación do Litoral, que establecerá os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral de Galicia. A conselleira resumiu o traballo realizado ata o de agora polos técnicos da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e recomendou unha suspensión cautelar selectiva dos novos desenvolvementos urbanísticos na franxa dos 500 metros da liña litoral establecida en 2007 pola Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Igualmente, a conselleira detallou o procedemento máis axeitado para realizar a nova suspensión selectiva, xa que a vixencia da actual remata o vindeiro 17 de maio.

María José Caride salientou que con este traballo xa realizado e sobre a mesa, “o Goberno entrante deberá decidir se continúa apostando pola protección e posta en valor do noso litoral”. A conselleira lanzou “un mensaxe de tranquilidade aos galegos, de que o traballo está feito e non haberá baleiro legal, ninguén pode utilizar como excusa que non lle deu tempo”. A conselleira tamén insistiu na necesidade de loitar contra a ocupación indiscriminada da costa e insistiu en que “é un bo momento para que Galicia ordene o seu territorio, este debe ser un obxectivo de país”. María José Caride defendeu o traballo executado polo actual Goberno en materia de urbanismo e defensa do litoral, “que foi unha prioridade”, e reiterou o ofrecemento realizado durante toda a lexislatura polo presidente Emilio Pérez Touriño para acadar un “pacto polo territorio”.

Traballo realizado ata agora

Segundo informou a conselleira, o anterior Goberno da Xunta contratou a elaboración dun Plan do Litoral en 2005, apenas uns meses antes de que cambiase o executivo autonómico. Daquel Plan o actual Goberno unicamente atopou un do*****ento de tres páxinas que establecía o programa de traballo a seguir. Polo tanto, salientou María José Caride, “en 2005 non existía nada feito sobre a realidade litoral de Galicia”. Ante esa situación, o Goberno galego aprobou en maio de 2007 a Lei de medidas urxentes, que de forma cautelar preserva determinados terreos da franxa costeira. Igualmente, o Consello da Xunta autorizou o 24 do mesmo mes de maio o inicio da elaboración do Plan de Ordenación do Litoral. O novo plan de traballo, coordinado pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e composto por un equipo multidisciplinar de recoñecido prestixio, permitiu ata o de agora a realización de diversas actuacións encamiñadas á elaboración do Plan de Ordenación do Litoral: - Recopilación de información do planeamento vixente en todas as zonas costeiras en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- Traballos de campo e carga de datos nun sistema informático xeográfico. Para os traballos de campo contouse cun equipo de 28 técnicos de diferentes titulacións e incluíu a realización dun voo fotográfico costeiro co que tamén se avaliaron os elementos que preserva a nova Lei da Paisaxe.
- Elaboración do Plan. Coa información obtida estase a elaborar o Plan de Ordenación do Litoral a través dun sistema de información xeográfica que posibilite a posterior análise das múltiples e complexas variables territoriais a considerar na súa formulación, incluíndo a análise do planeamento vixente.
- Inicio do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica. De acordo co previsto na Lei de medidas urxentes, o Plan foi sometido a avaliación ambiental e se lle remitiu a comezos deste ano o correspondente do*****ento de inicio do procedemento á Consellería de Medio Ambiente, que debe redactar e comunicar o Do*****ento de Referencia para a elaboración do Informe de Sostenibilidade Ambiental. Tras este trámite, a CPTOPT estaría en disposición de remitir en maio o do*****ento aos concellos para a súa consulta durante un período de dous meses e proceder á súa aprobación inicial. Así pois, a día de hoxe os traballos do Plan de Ordenación do Litoral atópanse avanzados e xa se realizou un prediagnóstico completo do estado do litoral galego e unha identificación das presións que ameazan a súa integridade, así como unha aproximación ás medidas necesarias para a súa tutela. Seguindo este plan de traballo, que contemplaba en todo caso o remate do Plan este mesmo 2009, a CPTOPT preveu a publicación en maio, antes de que remate a cautela imposta pola Lei de 2007, dunha Orde de medidas de protección que xa está redactada e que será comunicada ao Goberno entrante en canto designe á persoa que asumirá as responsabilidades urbanísticas. Ante esta situación, e tras consultar aos técnicos, María José Caride recomendou ao novo Goberno que aprobe dita Orde e prorrogue parcial e localizadamente a suspensión actualmente vixente. Dita suspensión selectiva responde ás previsións do artigo 5.bis da Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia, que no seu primeiro apartado establece: “Acordada polo Consello da Xunta a iniciación do procedemento de elaboración de calquera instrumento de ordenación do territorio, a persoa titular da consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, de forma motivada, poderá suspender cautelarmente os procedementos de aprobación do planeamento urbanístico, dos instrumentos de xestión ou execución do planeamento e de outorgamento de licenzas para ámbitos ou para usos determinados, coa finalidade de elaborar o instrumento de que se trate”. Esta suspensión haberá de publicarse no Diario Oficial de Galicia. Criterios para aplicar a suspensión selectiva parcial
A aplicación da nova cautela sobre determinados ámbitos de solo urbanizable ou urbano non consolidado de todos os detectados no planeamento dos concellos costeiros de Galicia permitiría manter a cautela sobre os seguintes espazos: - Dos 897 ámbitos de solo urbanizable ou urbano non consolidado existentes nos primeiros 500 metros do litoral galego, a nova cautela aplicaríase en 461 deles.
- Dos 44,8 millóns de metros cadrados que suman todos os ámbitos, a cautela continuaría en 35,7 millóns de metros cadrados. Isto suporía manter o 80 por cento da protección actual. Desta cautela quedan excluídos os concellos que teñen adaptado o seu PXOM á legalidade vixente. O traballo de determinación dos criterios a aplicar e de localización dos terreos afectados plasmouse nun exhaustivo do*****ento no que, segundo dixo a conselleira, “detállase, con nomes e apelidos, cada ámbito afectado de cada concello de Galicia”. Ditos criterios seguidos para determinar en qué ámbitos de solo urbanizable ou urbano non consolidado debe continuar a cautela, e que a conselleira cualificou como “obxectivos, coherentes e incuestionables”, son os seguintes: - Espazos de especial protección natural. Ámbitos que estean en contacto ou formando parte de ditos espazos. Criterio excluínte.
- Interese xeomorfolóxico (marismas, cantís, dunas, etc.). Criterio excluínte. Para a definición dos espazos de interese contouse coa colaboración da Cátedra de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela.
- Hitos paisaxísticos, recoñecibles, descritos toponímicamente e moi visuais que forman parte do patrimonio de todos os galegos. Criterio excluínte.
- Pendentes superiores ao 15%. A cautela continuaría en ámbitos nos que máis do 20% da súa superficie teñan pendentes superiores ao 15% e a súa pendente media sexa superior ao 10%. Neste criterio entran os terreos que teñen un maior impacto visual. Criterio excluínte.
- Ámbitos dentro dos 100 metros de policía de cauces. Criterio non excluínte por si só, pero si de xeito conxunto cos outros criterios. Afección da servidume de protección de costas. Todos os ámbitos que teñen continuidade coa servidume de protección ou que teñan incidencia sobre a mesma. Criterio complementario dos outros.
- Servidume de protección de costas. Todos os ámbitos que teñen continuidade coa servidume de protección ou incidencia sobre a mesma. Criterio complementario.
- Solos urbanizables illados e sen continuidade coa trama urbana. Criterio complementario. Estes criterios só contemplarían tres excepcións: que as construcións xa estean executadas, que a superficie do ámbito de solo afectado sexa moi pequena ou que sexa un solo urbano non consolidado pero integrado na malla urbana. Características da Lei de medidas urxentes agora vixente
A Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia entrou en vigor o 17 de maio de 2007, o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Dita Lei de protección do litoral permitiu compaxinar o desenvolvemento económico co respecto ás tradicións, ao patrimonio, ao territorio e á identidade de Galicia. Para iso estableceu unha suspensión cautelar e transitoria de todos os novos desenvolvementos urbanísticos na franxa dos 500 metros da liña litoral para os solos que non estivesen clasificados como urbanos consolidados. A suspensión cautelar de novos desenvolvementos na costa é unha estratexia que veu avalada polos bos resultados económicos de medidas similares de protección do litoral levadas a cabo por outras Comunidades Autónomas como Asturias, Cantabria, Cataluña ou o País Vasco, que puxeron en valor a súa costa. A Lei estableceu a suspensión de todos os novos desenvolvementos urbanísticos na franxa dos 500 metros para determinados tipos de clasificación de solo dos que quedou excluído o solo urbano consolidado: - Para todos os concellos: Suspensión de novos desenvolvementos urbanísticos nos terreos situados dentro da franxa dos 500 metros clasificados como solo urbanizable, apto para urbanizar ou rústico apto para o desenvolvemento urbanístico. - Concellos de menos de 50.000 habitantes: Ademais do epígrafe anterior, a suspensión tamén afecta aos terreos que, malia estar clasificados como solo urbano, non reúnan os requisitos de solo urbano consolidado e, en todo caso, aos terreos incluídos en polígonos, unidades de actuación ou de execución. Cómpre salientar que a Lei afecta ao 13% do solo urbanizable dos concellos costeiros e a menos do 1% de todo o solo urbanizable de Galicia, polo que os concellos puideron seguir crecendo fóra da franxa dos 500 metros. A Lei ten un carácter transitorio ben ata que os concellos adapten o seu planeamento á normativa vixente (Lei do Solo 9/2002), ou ben ata a aprobación do Plan de Ordenación do Litoral, cun prazo máximo para isto último fixado en dous anos a partir do 17 de maio de 2007, data da entrada en vigor da Lei de protección. Os concellos afectados por esta Lei son todos aqueles que non teñen adaptados os seus PXOMs á Lei 9/2002 (Lei do Solo). A pesares de que dita Lei do Solo daba un prazo de tres anos aos concellos para que se adaptaran (prazo que venceu o 1 de xaneiro de 2006), a día de hoxe a Pobra do Caramiñal, Paderne (aprobado hoxe mesmo), Oleiros e Vigo son os catro únicos concellos costeiros que teñen adaptado o seu PXOM, os dous últimos de xeito parcial.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Ordenación do litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos